María do Carme García Negro
María do Carme García Negro | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1950 |
Lugar de nacemento | Lugo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | economista e política |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María do Carme García Negro, nada en Lugo o 22 de febreiro de 1950, é unha economista, escritora, e profesora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É doutora en Ciencias Económicas e Empresariais e profesora titular do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Foi directora do Centro de Documentación Europea (1990-1994), directora do Grupo de Investigación de Economía Pesqueira e directora do Curso de Posgrao "Especialización en Economía Pesqueira". Foi fundadora do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e membro dos seus dous primeiros consellos nacionais.
Obras[editar | editar a fonte]
- A pesca galega no proceso de integración económica española, 1961-1981, 1987.
- As mulleres e os cambios sociais e económicos (ed.) 1995.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Ensaio histórico e económico: antoloxía, 1997, AS-PG/A Nosa Terra. Coeditora con Bieito Alonso, Xosé Manuel Sánchez Rei e Luís Obelleiro Piñón.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "García Negro, María do Carme". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 145.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 243. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- María do Carme García Negro en galegos.info.