María de Jesús de León y Delgado
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) María de León y Delgado 23 de marzo de 1643 El Sauzal |
| Morte | 15 de febreiro de 1731 San Cristóbal de La Laguna |
| Lugar de sepultura | Mosteiro de Santa Catarina de Siena en San Cristóbal de La Laguna |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Ocupación | relixiosa cristiá |
| Orde relixiosa | Orde dos Predicadores |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 15 de febreiro |
María de León y Delgado, nada en El Sauzal o 23 de marzo de 1643 e finada en San Cristóbal de La Laguna o 15 de febreiro de 1731, foi unha irmá leiga e mística pertencente á Orde de Predicadores (dominicos) e popularmente coñecida nas Illas Canarias como "La Siervita" e "Sor María de Jesús", nome este último que adoptou cando recibiu os hábitos.
A súa vida relixiosa foi austera, sinxela e chea de milagres, de feito, é un dos maiores casos de portentos sobrenaturais e milagrosos arredor dunha persoa, onde salientan xa non só a incorruptibilidade do seu corpo, senón todos os prodixios e milagres que rodearon a súa vida, entre os que destacan: estigmas, éxtases, levitación, hipertermia, clarividencia e bilocación, entre outros.[1]
Esta relixiosa morreu en cheiro a santidade, aínda que esta fama devocional tívoa mesmo dende antes da súa morte. Hoxe en día, é unha das figuras históricas de orixe canaria máis veneradas do arquipélago, conxuntamente con Pedro de Betancur e José de Anchieta. Igualmente a devoción cara a "La Siervita" é unha das máis importantes da illa de Tenerife en particular e das Illas Canarias en xeral. Actualmente estase tramitando o proceso para a súa beatificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Varias notas sobre la siervita" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de maio de 2019. Consultado o 10 de xaneiro de 2019.
| A Galipedia ten un portal sobre: Illas Canarias |
