Hipertermia
| Hipertermia | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| Características | |||||||||||||||||
|
Especialidade médica
| |||||||||||||||||
|
Fármacos para tratamento
fenacetina (pt)
Cefepime ciprofloxacina (pt) Ibuprofeno ceftazidima ácido mefenâmico (pt) salsalate (en) naproxeno (pt) salicilamida (pt) aspirina paracetamol magnesium salicylate tetrahydrate (en) | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
A hipertermia[1] é a subida da temperatura do corpo por mor dun fallo na termorregulación, que ocorre cando o corpo produce ou absorbe máis a calor da que disipa. A suba da temperatura extrema convértese entón nunha emerxencia médica que require tratamento inmediato para evitar incapacidade ou morte.
As causas máis comúns inclúen golpe de calor e reaccións adversas a fármacos. A primeira é unha elevación aguda da temperatura causada por exposición a calor excesiva, ou combinación de calor e humidade, que atafega os mecanismos que regulan a calor. O segundo é un efecto secundario relativamente raro presente en moitos fármacos, particularmente os que afectan ó sistema nervioso central. A hipertermia maligna é unha complicación rara dalgúns tipos de anestesia xeral.
A hipertermia difire da febre en que o axuste da temperatura do corpo non varía. O oposto é a hipotermia, a cal ocorre cando a temperatura descende por debaixo do que se require para manter un metabolismo normal. O termo provén do grego ὑπέρ, hyper, significando "por riba de" ou "enriba", e θέρμος, thermos, significando "quente".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de hipertermia no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
