María Xosé Vega
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1970 Pantón, España |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | política |
| Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
María Xosé Vega Buján, nada en Pantón en 1970, é un política galega do BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Tivo unha experiencia de 8 anos no equipo de goberno do concello de Monforte de Lemos. Foi elixida parlamentaria pola provincia de Lugo nas eleccións autonómicas de 2005, pero abandonou o Parlamento en xullo de 2007. Nas eleccións xerais de 2011 en España foi de cabeza de lista do seu partido pola provincia de Lugo.