Teresa Villaverde Pais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Teresa Villaverde Pais»)
Teresa Villaverde Pais
Nacemento1960
Lugar de nacementoNoia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmestra e política
editar datos en Wikidata ]

María Teresa Villaverde Pais, nada en Noia en 1960,[1] é unha política galega do PPdeG e alcaldesa de Lousame dende o 20 de setembro de 2012.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en Filoloxía Hispánica e diplomada en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2003 foi elixida concelleira de Cultura e Educación no concello de Lousame no goberno de Santiago Freire, en 2007 pasou a ocupar a concellaría de Servizos Sociais e Cultura, e en 2011 foi concelleira de Cultura, Muller e Xuventude, ata que foi elixida alcaldesa. Ademais, en 2009 foi nomeada xefa de Educación na Coruña, e en outubro de 2011 deputada no Parlamento de Galicia tras a dimisión de Pablo Cobián.

En setembro de 2012, tras a dimisión de Santiago Freire como alcalde de Lousame, foi elixida alcaldesa na súa substitución.[2] Nas eleccións de 2015, 2019[3] e 2023[4] foi reelixida alcaldesa con maioría absoluta. Foi deputada provincial de 2017 a 2019 e novamente de 2022 a 2023.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, Barbanza, 16-6-2019, p.l7.
  2. Romero, Javier (2012-09-15). "Freire deja la alcaldía de Lousame para ir en la lista del PP a la Xunta". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-12-19. 
  3. Gerpe, A. (10 de xuño de 2021). "Un gobierno sin sobresaltos para un PP de Lousame con sobrada mayoría". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2023. 
  4. Redacción (7 de xullo de 2023). "A popular Teresa Villaverde Pais foi reelixida como alcaldesa do Concello de Lousame". obarbanza.gal (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Santiago Freire
 
Alcaldesa de Lousame
 
2012 - actualidade
Sucesor:
no cargo