Saltar ao contido

Moaña (San Martiño), Moaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Martiño de Moaña
Igrexa parroquial.
ConcelloMoaña[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°16′56″N 8°44′17″O / 42.2823487447, -8.7381675874634
Poboación1 957 hab. (2022)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Moaña é unha parroquia que se localiza no concello de Moaña. Segundo o IGE[2], en 2022 tiña 1 957 habitantes (981 homes e 976 mulleres).

Ao carón da igrexa, rematada no ano 1197 e parcialmente reformada en 1771, quedan os restos dun antigo castro.

A finais de abril de 2010 encontrouse un testamento dun veciño da parroquia, escrito en lingua galega o 9 de novembro de 1466[3].

En 2018 as festas de San Martiño, patrón da parroquia, foron declaradas de interese turístico de Galicia.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Gráfica de evolución demográfica de San Martiño de Moaña entre 2000 e 2020
Datos segundo o IGE.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Entre o seu patrimonio destaca a igrexa de San Martiño (1197, reformada en 1771), monumento histórico artístico; a casa reitorial, do século XVI; a Casa das Señoritas, de 1866; os tres cruceiros na contorna da igrexa dos séculos XII e XVI, e así como numerosas fontes e lavadoiros tradicionais (A Pedra, A Ameixoada, Río do Muíño...).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de San Martiño de Moaña

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Moaña (San Martiño) no concello pontevedrés de Moaña

Abelendo | Ameixoada | Broullón | O Casal | O Cruceiro | Os Piñeiros | Quintela | Sabaceda | Xalde

Parroquias de Moaña

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Moaña

Domaio (San Pedro) | Meira (Santa Eulalia) | Moaña (San Martiño) | Moaña (Virxe do Carme) | Tirán (San Xoán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]