Marçal Moliné

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarçal Moliné
Biografía
Nacemento1936 Editar o valor em Wikidata (87/88 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0596920 Dialnet: 2134860 Editar o valor em Wikidata

Marçal Moliné, nado en Barcelona en 1936 é un publicista catalán. Estudou xornalismo e foi un dos membros fundadores da axencia MMLB, xunto con Eddy Bosten, Joaquín Lorente e Miguel Montfort.[1] Traballou nas axencias Clarín, Carvis, Támden DDB e Bassat Ogilvy, e foi xurado en tres edicións do Festival de Cannes.[2] No ano 1974, gañou o Clavel Medalla de Prata ó mellor director de curtametraxes no Festival de Cine de Sitges pola curtametraxe Ta ta boom boom.[3]

É membro de Fundación Mundo Ciudad e no ano 2009 foi nomeado membro de honra da Academia da Publicidade.[4][5] Tamén recibiu o Premio Nacional de Comunicación da Generalitat de Cataluña e pertence ó salón da fama do Festival Iberoamericano da Publicidade.[6] Considéraselle un dos publicistas españois máis importantes.[6][7][8][9]

Libros[editar | editar a fonte]

  • La fuerza de la publicidad: saber hacer buena publicidad, saber administrar su fuerza (1999)
  • Malicia para vender con marca: método paso a paso combinando la técnica del márketing con la astucia de los maestros de la estrategia militar (1996)
  • La Comunicación activa: publicidad sólida (1988)
  • Manual del director creativo: (vender con rabia) (1982)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]