Joaquín Lorente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoaquín Lorente

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1943 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeÁngela Becerra Editar o valor em Wikidata

Twitter: joaquin_lorente Editar o valor em Wikidata

Joaquín Lorente, nado en Barcelona en 1943, é un ex-publicista e escritor catalán que creou cursos de estímulo da creatividade. Esteban Hernández considérao "a personalidade máis influente na publicidade española das tres últimas décadas".[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Á idade de 27 anos promoveu e fundou xunto a Marçal Moliné, Eddie Bosten e Miguel Montfort o grupo publicitario MMLB, que colocou a España en primeira posición internacional na área. Dende 1985, e durante 20 anos, estivo á fronte dese grupo, o maior do país.

Creador da imaxe e desenvolvemento de múltiples marcas —Osborne, Central Lechera Asturiana, Allianz, Dodot, Kas— e dalgunhas empresas españolas que hoxe son referencias mundiais como BBVA, Iberdrola, Camper, Fagor, entre outras.

Asesor persoal dos presidentes Felipe González e Jordi Pujol, exerceu un importante labor docente a través de numerosas conferencias e artigos.

O seu labor creativo recibiu máis de cen premios internacionais, entre os que destacan, ademais de Cannes, Fiap e San Sebastián, os de mellor creativo da década, Colexio de Publicitarios, Club de Creativos Españois, do Goberno de Cataluña e Académico de Honra da Academia da Publicidade.

A súa obra creativa foi motivo da exposición antolóxica (Barcelona- Palau Robert- 2006), Lorente, creador de marcas.

O seu primeiro libro, Casi todo lo que sé de publicidad, publicouno en 1987 e está baseado na súa carreira como publicista e a súa experiencia profesional. É a obra máis vendida da súa especialidade en España.

En 2004 saíu a súa primeira novela, Ciudadanos de la tierra.com, na que se adianta a un futuro próximo onde os cidadáns cambian o mundo actual a través dun movemento virtual por Internet.

Cinco anos despois apareceu Piensa, se gratis, libro no que nos presenta 84 principios para potenciar o talento e que foi un éxito: estivo durante seis meses nos primeiros postos de vendas na categoría de non ficción en España; foi tamén un best-séller en países como Xapón e foi traducido a 11 linguas. A súa continuación, Tú puedes (2011), afonda nos principios vistos no anterior libro, ampliándoos até un total de 202; tamén foi un éxito de vendas de non ficción en España.

Está casado coa escritora colombiana Ángela Becerra.

Libros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]