Operación Reconquista de España
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Operación Reconquista de España foi o nome que se lle deu á invasión do Val de Arán por guerrilleiros antifranquistas españois (baixo dirección comunista) desde Francia en 1944.
Historia
[editar | editar a fonte]A intención destes guerrilleiros, na súa meirande parte veteranos da guerra civil española e a Resistencia francesa, era renovar a guerra en España estabelecendo unha cabeza de ponte en territorio español, na crenza de que, unha vez comezada esta, os aliados os axudarían a derrubar o goberno de Franco, instaurando un goberno da Unión Nacional Española (UNE).
O 19 de outubro de 1944 uns tres mil homes penetraron no val. Con todo, a falta de apoio popular, o feito de que o goberno español estivese ao tanto dun posíbel ataque e a carencia de armamento pesado impediulles tomar Vielha ou o porto da Bonaigua, de forma que as tropas franquistas rexeitaron facilmente a invasión. O 27 de outubro iniciouse a retirada do que foi o último intento de derrotar a Franco pola forza.
Segundo os datos oficiais, na Operación Reconquista morreron 129 guerrilleiros, 214 foron feridos e 218 feitos prisioneiros, dos que a unha boa parte lle foi aplicada a pena de morte.