Saltar ao contido

Manuela León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuela León

(1872) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1840 Editar o valor en Wikidata
Punín, Ecuador (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xaneiro de 1872 Editar o valor en Wikidata (31/32 anos)
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Outro
Condenada porrebelión Editar o valor en Wikidata

Manuela León Guamán, nada en Punín en 1844 e finada en Riobamba o 8 de xaneiro de 1872, foi unha muller libertaria inxídena ecuatoriana que participou como líder na sublevación do pobo indíxena. Foi proclamada no 2010 unha heroína pola Asemblea Nacional de Ecuador.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na comunidade de San Francisco de Macshi, hoxe coñecida como Cachatón San Francisco (Hatun Kacha), filla de Hermenegildo León e de María Guamán, inscribiuse o seu nacemento en Punín, parroquia de Riobamba, en 1844.

No ano 1871, cando as accións dun grupo numeroso de indíxenas pretendía recuperar o que antes chamaban o Imperio Inca, Manuela León liderou as tropas indíxenas con Fernando Daquilema como rei proclamado.

Os ideais de Manuela León levárona a encabezar accións en defensa dos dereitos igualitarios para o seu pobo e deter o abuso e a opresión que proviña do goberno de Gabriel García Moreno e a enfrontarse cara a cara contra os comandantes do bando inimigo.[2]

Foi fusilada polos seus actos o 8 de xaneiro de 1872.[3] Cóntase que ao preguntar o pelotón de fusilamento se tiña algo que dicir, ela respondeu «Manapi», é dicir, «nada» na lingua kichwa.[4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Unha rúa na cidade de Quito leva o seu nome.
  • Foi proclamada heroína polo estado ecuatoriano, no ano 2010.
  • En Guayaquil existe un centro educativo comunitario intercultural bilingüe fiscal que, na súa honra, leva o seu nome.
  1. "Manuela León, la rebelde - Historias de Riobamba" (web). digvas.wordpress.com. Riobamba, Ecuador. 10 de maio de 2010. Consultado o 5 de xaneiro de 2023. 
  2. "Manuela León, Dirigente Indígena De Ecuador". www.purepecha.mx (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 9 de agosto de 2018. 
  3. Molina, Rubén. "FERNANDO DAQUILEMA Y MANUELA LEON HÉROES NACIONALES". www.culturaenecuador.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2011. Consultado o 9 de agosto de 2018. 
  4. Galeano, Eduardo (2012). Los hijos de los días. Barcelona: Siglo XXI. p. 22. ISBN 978-84-323-1627-2.