Fernando Daquilema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Daquilema

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1845 Editar o valor em Wikidata
Cacha, Ecuador (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de abril de 1872 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Yaruquíes, Ecuador (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEcuador Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlíder , campesiño Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei (1871–1872) Editar o valor em Wikidata

Fernando Daquilema (en quechua: Phirnanthu Thakilima), nado en Kera Ayllu o 5 de xuño de 1848 e finado en Yaruquíes o 8 de abril de 1872, foi un líder indíxena ecuatoriano, considerado un heroe pola loita dos dereitos do seu pobo puruhá.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fernando Daquilema naceu en 1848, fillo de Ignacio Daquilema, quen traballaba na facenda Tungurahuilla e María Ruiz, ambos descendentes do pobo puruhá. Daquilema casou con Martina Lozano, mais descoñécese se tiveron descendencia. Entre os anos 1860 produciuse unha sobreexplotación da forza de traballo dos indíxenas da xurisdición do cantón Riobamba. A parroquia de Yaruquíes, onde se xestou a sublevación de Fernando Daquilema, foi das que máis sufriu unha drástica redución dos seus efectivos demográficos e un dos maiores incrementos proporcionais no pago do décimo, entre 1870 e 1873.[2]

Loita indíxena[editar | editar a fonte]

Preocupados polo pago de tributos e pola sobre explotación, os habitantes das comunidades de Cacha tomaron vinganza contra un decimeiro que consideraban prepotente e abusivo, ao cal mataron.[3] Fernando Daquilema reuniu á súa xente da comarca e emprende a toma dalgúns centros poboados como Yaruquiés e Cajabamba; de súpeto algúns indíxenas desbandáronse e entón Daquilema ordenou tomar Punín, que cae baixo o control dos sublevados encabezados pola capitá Manuela León, nativa da comunidade de San Francisco de Macshi, hoxe coñecida como San Francisco de Asís. O gobernador da provincia pediu reforzos que chegaron dende Ambato e Quito, con quen retomou Punín logo de que foi abandonada polos indxenas. A represión que seguiu foi desapiadada.[4]

En decembro de 1871, a indignación dos pobos indíxenas pola opresión que sentían pola recadación de décimos aínda existente acadou o seu máximo. Fernando Daquilema, descendente dos duchicelas, lidera a sublevación na parroquia de Cacha (hoxe primeira parroquia indíxena de Ecuador); aspirando a formar un novo goberno que considerase os indíxenas en igualdade de condicións cos brancos e os mestizos. Preto da lagoa Kápak-kucha (lagoa do rei), na pequena praza da capela do Rosario, que actualmente se atopa na comunidade de Cachatón San Francisco (Hatun cacha), os indíxenas foron convocados a unha grande asemblea co propósito de elixir un xefe polos obxectivos que tiñan.[5] Todos elixiron a Daquilema como líder, porque vían nel coraxe, determinación e firmeza. Tocaban a campá, o corno, os churus e a xente berraba: "Ñucanchi Jatun Apu" (O Noso Gran Señor); e, collendo un manto e a coroa de san Xosé, nomeárono rei. Daquilema, un mozo de 23 anos, comezou a súa misión formando, con grande estratexia e sabedoría, un exército composto por cabalarías que superou as 500 unidades e milleiros de homes e mulleres dispostos a loitar corpo a corpo coas autoridades, enfrontándose ás forzas do exército.

Retrato de Fernando Daquilema, tomado por Leonce Labaure en 1872, no arquivo Leibniz-Institut für Länderkunde.

Atacaron Cajabamba con 10.000 indíxenas armados co que tiñan, as mulleres con pedras, paus, tupus, tirafondas, garrochas.[6][7] Estabelécese a loita a morte, non ten bos resultados, centos de indíxenas son feitos prisioneiros. Despois reorganizáronse e nomearon a Manuela León para dirixir o ataque a Punín; Manuela cun exército de centos de homes e mulleres enfróntase ás milicias enviadas polo gobernador. É famoso o enfrontamento entre esta muller e o tenente Miguel Vallejo, como un felino salvaxe lanzouse sobre el, derrotándoo para acoitelalo no peito e despois sacoulle os ollos co seu tupo, gardándoos no cinto; a súa vinganza por violala salvaxemente con anterioridade foi finalmente consumada. Tomaron facilmente a cidade, liberaron os prisioneiros e logo retiráronse ao decatarse de que chegaban reforzos de soldados. O gobernador enviou máis de 150 soldados armados para perseguir os líderes.

Ante a desapiadada persecución sufrida, algúns dirixentes encarcerados solicitaron o indulto, coa condición de rematar co levantamento, que foi concedido polo gobernador. Esta decisión foi publicada o 25 de decembro nas parroquias tomadas.[8] Considerado por Daquilema isto como unha traizón por parte deses dirixentes. Sentíndose traizoado, entregouse ás milicias García, pero non antes de ter abrazado á súa muller e ao seu fillo pequeno. Despois foi detido e levado á prisión de Riobamba, onde foron encarcerados outros líderes.

O consello de guerra ordenou ás tropas, sen xuízo previo, executar a Julián Manzana e Manuel León atados a unha picota, ante a presenza de máis de douscentos indíxenas, aos que as autoridades levaron coa custodia necesaria, para que levasen un lección e non houbese insurrección de novo. Os historiadores presumen que este descoñecido “Manuel León” é en realidade a Manuela da historia, que podería ter sido confundida cun home dadas as circunstancias da época. O certo é que nada máis se soubo dela.

O encarceramento de Fernando Daquilema tivo trazas heroicas. Puido fuxir de Cacha pero non o fixo, ordenou aos seus capitáns que se disolvesen en silencio e subiu ao monte máis alto para explorar o lugar onde estaban os milicianos, aos que mirou durante moito tempo e berrou: “Aquí estou”. Despois andou con arrogancia e púxose diante deles e insistiu: “Aquí estou.” Quen es ti? Preguntáronlle: como te chamas? Outro soldado díxolle en kichwa: “Ima shuti cangui? -Fernando Daquilema-, foi a resposta e logo atáronlle as mans detrás e levárono ao cárcere.

O 23 de marzo comezou o xuízo en Yaruquíes por “disturbios, asasinatos, roubos e incendios” e o xuíz pediu ao acusado que designase valedores, cousa que por suposto ninguén fixo. Daquilema foi condenado a fusilamento e asinou unha testemuña por el, xa que era analfabeto, dicindo que estaba de acordo coa sentenza. Despois levárono en procesión á capela para pasar a súa última noite. Un cura pediulle que repetise as oracións. Ás seis da mañá tocaba Diana. Ás sete saíu a comitiva co condenado e ás oito chegaba á praza de Yaruquíes, onde se improvisou unha cela. Ás once os berreiros anunciaban a sentenza a cada lado, despois sacaron ao preso, vestido de branco, que marchaba con dous curas aos seus lados. Atráronlle os pés e as mans, mentres nos montes unha multitude indíxena presenciaba a escena dende lonxe. Os tambores comezaron a tocar, a escolta retirouse e o capitán preguntoulle se quería algunha graza ou algo. Daquilema respondeu “Manapi” que significa “nada” en kichwa e despois comezou un discurso dedicado aos indios, e ás 11 da mañá matárono a tiros.[9]

Honras e distincións[editar | editar a fonte]

O 5 de novembro de 2010, o pleno da Asemblea Nacional de Ecuador, por resolución unánime, declarou heroe e heroína de Ecuador a Fernando Daquilema e Manuela León.[10][11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Actas de bautizos de indígenas en Riobamba (INPC)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 1 de decembro de 2017. Consultado o 24 de novembro de 2017. 
  2. Fernando Daquilema
  3. Mutlak, Natalie (2009-04-20). Ness, Immanuel, ed. Daquilema, Fernando (d. 1872) and the 1871 Uprising, Ecuador. The International Encyclopedia of Revolution and Protest (en inglés) (Oxford, UK: John Wiley & Sons, Ltd). pp. 1–2. ISBN 978-1-4051-9807-3. doi:10.1002/9781405198073.wbierp0437. Consultado o 2022-06-16. 
  4. Historia de Cacha
  5. Mutlak, Natalie (2009-04-20). Ness, Immanuel, ed. Daquilema, Fernando (d. 1872) and the 1871 Uprising, Ecuador. The International Encyclopedia of Revolution and Protest (en inglés) (Oxford, UK: John Wiley & Sons, Ltd). pp. 1–2. ISBN 978-1-4051-9807-3. doi:10.1002/9781405198073.wbierp0437. Consultado o 2022-07-01. 
  6. Loaiza, Yalilé (19 de febreiro de 2022). infobae.com, ed. "Quién fue Fernando Daquilema, la primera voz que encabezó la reivindicación indígena en Ecuador". Consultado o 3 de novembro de 2023. 
  7. Capello, Ernesto B. (2013). "The Second French Geodesic Mission to Ecuador and Commemorative Visual Culture Ernesto (Macalester College)". Americal Historical Association. Annual Meeting 127. 
  8. Movemento indíxena ecuatoriano: historia e conciencia política
  9. Loaiza, Yalilé (19 de febreiro de 2022). "Quién fue Fernando Daquilema, la primera voz que encabezó la reivindicación indígena en Ecuador". Infobae (en castelán). Consultado o 27 de maio de 2022. 
  10. "Ecuadorinmediato.com: Asamblea Nacional declara héroe y heroína a Fernando Daquilema y Manuela León. Ecuador, 5 de noviembre de 2010". Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2017. Consultado o 6 de setembro de 2016. 
  11. CCE Benjamín Carrión Núcleo del Chimborazo:Fernando Daquilema y Manuela León héroes nacionales. Riobamba - Ecuador Arquivado 2011-02-16 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]