Manuel de las Casas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel de las Casas
Nome completoManuel de las Casas Gómez
Nacemento18 de abril de 1940
Lugar de nacementoTalavera de la Reina
Falecemento8 de febreiro de 2014
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid
Ocupaciónarquitecto
Coñecido porPazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra e Recinto Feiral de Pontevedra
PremiosPremio Nacional de Arquitectura de España
Na rede
Dialnet: 2000710
editar datos en Wikidata ]

Manuel de las Casas Gómez, nado en Talavera de la Reina en 1940 e finado en Madrid o 8 de febreiro de 2014,[1] foi un arquitecto español.

Pazo de Congresos de Pontevedra.
Pazo de Congresos e Recinto Feiral de Pontevedra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1964[1] e doutorouse na mesma escola en 1966, onde tamén impartiu clases no departamento de proxectos.[2]

Ademais, foi nomeado Inspector Xefe do Servizo de Restauración de Monumentos (Ministerio de Cultura) en 1979, primeiro Subdirector Xeral de Proxectos e Obras, logo Director Xeral da Dirección Xeral de Arquitectura e Construción (Ministerio de Obras Públicas) e Director da Bienal de Arquitectura en 1983.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio de Urbanismo e Arquitectura (Concello de Madrid 1986).[8]
  • Premio de Urbanismo e Arquitectura (Concello de Madrid 1991).[8]
  • I Bienal de Arquitectura Española (Ministerio de Fomento, 1991).
  • II Bienal de Arquitectura Española (MOPU, 1993).
  • Instituto Hispanoportugués "Rei Afonso Henriques" (Consellería de Educación e Cultura e Deputación de Zamora, 1993).
  • Medalla de Ouro das Belas Artes (Ministerio de Cultura, 1995).[9]
  • Medalla de Ouro do Concello de Toledo (Concello de Toledo, 1998).[2]
  • I Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Enxeñaría Civil (1998).
  • Premio á Calidade da Estética (comunidade de Madrid, 1998).
  • Premio á Calidade de Solucións de Vivendas (comunidade de Madrid, 1998).
  • VIII Edición do Premio COAG de Arquitectura: Mellores edificios de nova planta (Escola Oficial de Arquitectos de Galicia, 1998).[9]
  • Premio Nacional de Arquitectura (España, 1999). [9]
  • Premio Antolóxico de Arquitectura Contemporánea ao mellor aloxamento privado (Castela-A Mancha, 2006).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • M. de las Casas. Instituto Hispano-Luso Rei Alfonso Enriques , Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Vivenda, Arquitectura e Urbanismo, 1999. ISBN 84-498-0394-2.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]