Manuel Villanueva
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Manuel Villanueva de Castro 1957 (66/67 anos) Marín, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , executivo de televisión , profesor universitario |
Empregador | Atresmedia (2001–2002) Grupo PRISA (1996–2001) Mediaset España (1990, 2002–1996, 2024) Corporación de Radio e Televisión de Galicia (1985–1990) |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Manuel Villanueva de Castro, nado en Marín en 1957[1], é un xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Colaborador en medios de xornalismo escrito e radiofónico (Radio Pontevedra, Radio 80 Pontevedra)[2], na década de 1980 comezou a traballar na Radio Galega e despois na TVG, onde foi asistente do director de programas ata 1989, e finalmente director de programas e emisións ata 1990. De aí trasladouse a Madrid, onde levou a dirección de programación de Telecinco. Uns anos despois, en 1996, foi nomeado director de programación e de antena de Canal +, onde permanecería até 2000.[1]
Estivo durante dous anos (2000-02) como director de contidos de Antena 3 Televisión, e nese ano volveu a Telecinco como director xeral de contidos de Mediaset España[3].
Tamén foi docente en distintos programas universitarios en Cuba, na Universidade Complutense de Madrid e na Universidade de Salamanca.[1]
Como xornalista, realiza contribucións a distintos medios especializados en gastronomía, así como a Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia ou La Región[2].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Manuel Villanueva, elegido Gallego del Mes de Febrero". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-06-25.
- ↑ 2,0 2,1 "Manuel Villanueva, Director general de contenidos de Telecinco y Mediaset España, recibirá la insignia de oro de las XOCIVIGA". Concello do Carballiño. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2021. Consultado o 2021-01-07.
- ↑ CLM, Objetivo (2019-04-11). "El periodista Manuel Villanueva: “Aprendí de mi abuelo que hacer vino es curtir una pasión”". Objetivo Castilla-La Mancha Noticias (en castelán). Consultado o 2021-01-07.