Manuel Segade Lodeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Segade Lodeiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador da arte , docente , comisario de arte Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseo Raíña Sofía, director (2023–)
Centro de Arte Dos de Mayo (en) Traducir, director (2016–)
Centro Galego de Arte Contemporánea Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 730781

Manuel Segade Lodeiro, nado na A Coruña en 1977 é un historiador da arte e comisario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Manuel Segade é licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación predoutoral centrouse na revisión da teatralidade e das estruturas lingüísticas alegóricas na escultura dos oitenta a través da obra de Juan Muñoz. Dende 1998 traballou en fragmentos dunha historia cultural das prácticas estéticas de finais de século XIX, arredor da produción dunha subxectividade somática e sexualizada, tema sobre o que publicou o ensaio Narciso fin de siglo (Melusina, 2008).[1]

Durante os anos 2005 e 2006 foi coordinador de contidos de Metrônom Fundació Rafael Tous d'Art Contemporani de Barcelona.[2] Entre 2007 e 2009 foi comisario do Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela. A partir de 2009 retomou o seu traballo como comisario independente, con proxectos para La Casa Encendida, ARCO, MUSAC, Centre d'Art La Panera ou Centro de Arte Dos de Mayo, onde comisariou unha exposición individual dedicada a Lara Almarcegui.

Foi profesor en programas universitarios de Suráfrica e o Brasil. É membro fundador do European Art Assembly, punto de encontro de directores e directoras de arte contemporánea europeos e membro fundador da European Forum For Advanced Practices, apoiado pola rede da Comunidade Europea.[3]

Foi Director do CA2M desde xaneiro de 2016.[4]

Viviu en París, onde traballou como investigador e comisario independente.

En xuño de 2023 foi proposto como Director do Museo Raíña Sofía de Madrid.[5][6]

Comisariado[editar | editar a fonte]

Tamén realizou comisariados fóra de España como comisario do Pavillon Vendôme e da Fundación Kadist, ambos en Francia; a Bienal de Cuenca, en Ecuador; 13ª Feira ArteBA, en Bos Aires; e o TENT Art Center, en Rotterdam. Manuel Segade en 2017 foi o comisario español do Pavillón de España na 57ª edición da Bienal de Venecia, onde presentou a obra do artista catalán Jordi Colomer.[7]

Como el mesmo declara, a súa práctica curatorial e escrita responde a un conxunto de inquietudes: a circulación de discursos críticos arredor da representación. Isto exprésase en intereses básicos: a construción estética da subxectividade, as formas en que se desenvolve unha comunidade, a historia do corpo, a atención á complexidade dos estilos de vida, a teoría 'queer' ou a performatividade da linguaxe, vinculada a través dunha tarefa que el considera esencialmente política.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Narciso fin de siglo (2008). Ed. Melusina. 347 páxs. ISBN 978-84-96614-26-0.
  • En casa 2011 (2011). GECESA, Gestión de Centros Culturales. 196 páxs. ISBN 978-84-615-3468-5.
  • Las infinitas especies. Preludio (2013). Save As... Publications. 36 páxs. ISBN 978-84-938430-8-3.
  • Borrador para una trama en curso. Cabello/Carceller (2017). Comunidade de Madrid. Publicaciones Oficiales. 372 páxs.
  • Elements of Vogue. Un caso de estudio de performance radical (2019). Comunidade de Madrid. Publicaciones Oficiales. 230 páxs. ISBN 978-84-451-3831-1.
  • Hay cosas encerradas dentro de los muros que, si salieran de pronto a la calle y gritaran, llenarían el mundo. Latinoamérica en las Colecciones CA2M y Fundación ARCO (2019). Comunidade de Madrid. Publicaciones Oficiales. 208 páxs. ISBN 978-84-451-3765-9.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Manuel Segade Lodeiro". Babelio (en castelán). Consultado o 2023-06-05. 
  2. "Hamaca". hamacaonline.net. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2014. Consultado o 05 de xuño de 2023. 
  3. NIUS, Redacción (2023-06-05). "El gestor cultural Manuel Segade, nuevo director del Museo Reina Sofía". Nius Diario (en castelán). Consultado o 2023-06-05. 
  4. "Manuel Segade Lodeiro". Portal de Transparencia (en castelán). 2021-07-07. Consultado o 2023-06-05. 
  5. "El gallego Manuel Segade dirigirá el Museo Reina Sofía". La Vanguardia (en castelán). 2023-06-05. Consultado o 2023-06-05. 
  6. "O galego Manuel Segade, proposto como novo director do Museo Reina Sofía". la voz de galicia. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  7. Pacheco, Andrea (2017-03-13). "MANUEL SEGADE: “QUEREMOS REIVINDICAR UNA BAJA INSTITUCIONALIDAD”". Artishock Revista (en castelán). Consultado o 2023-06-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]