Manuel Rosales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Rosales

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Santa Bárbara del Zulia, Venezuela (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Governor of Zulia (en) Traducir
10 de decembro de 2021 –
← Omar Prieto (pt) Traducir
Municipio Maracaibo (pt) Traducir
2010 – 2017 – Supresión do cargo →
Governor of Zulia (en) Traducir
2001 – 2008
← Francisco Arias CárdenasPablo Pérez Álvarez (en) Traducir →
Parlamentario
1983 – 1995 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMaracaibo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeVenezuela Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade dos Andes (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , mestre Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUn Novo Tempo (1999–)
Ação Democrática (pt) Traducir (1970–1999) Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEveling Trejo de Rosales (1997–)

Manuel Antonio Rosales Guerrero, coñecido habitualmente como Manuel Rosales, nado 12 de decembro de 1952, é un político venezolano. Foi alcalde do municipio de Maracaibo durante dous mandatos consecutivos e gobernador do Estado do Zulia durante dous mandatos consecutivos tamén. En 2021 volveu ser elixido gobernador do Zulia co 54,82% dos votos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao longo de 2002, asinou e aprobou o decreto que proclamaba a Pedro Carmona presidente do país ao derrocar brevemente a Hugo Chávez tras o golpe de Estado do 11 de abril de 2002. Tras o indulto de Chávez foi o seu opoñente nas eleccións do 3 de decembro de 2006, onde o PSUV recibiu 7.161.637 votos (62,89%), mentres que Rosales, que concedeu a derrota, obtivo 4.196.329 (36,85%) votos.[1]

O 13 de setembro de 2004, o Ministerio Público apoiou unha denuncia de que Manuel Rosales estaba acusado de malversación de fondos durante o seu mandato como gobernador do Zulia, iniciando unha investigación. Unha comprobación realizada pola Intervención Xeral da República demostrou un incremento inxustificado do patrimonio neto cunha cantidade de 68.553 dólares, sendo acusado de corrupción.[2] En abril de 2009, Manuel Rosales viaxou a Lima e a Interpol en Caracas emitiu un informe de busca, que fora solicitado por un xulgado venezolano.[3]

Despois de seis anos de exilio no Perú, Rosales retornou a Venezuela o 15 de outubro de 2015, sendo detido ao día seguinte.[4] Fora advertido pola entón fiscal xeral do país, Luisa Ortega Díaz, de que isto ocorrería se regresaba, foi detido no aeroporto internacional La Chinita de Maracaibo tras chegar en avión desde a illa de Aruba.[4] A súa liberdade foi concedida polas autoridades venezolanas o 31 de decembro de 2016.[5]

Desde o 10 de decembro de 2021 é gobernador do Zulia no seu terceiro mandato.

Honras[editar | editar a fonte]

Notas

  1. "Apuração das Eleições de 2006". 3 de dezembro de 2006. Consultado o 13/1/2018. 
  2. "Acusan formalmente a Manuel Rosales por corrupción". El Informador (en castelán). 2008-10-31. Consultado o 13/1/2018. 
  3. "Interpol notifica que Manuel Rosales es buscado, pero no ordena su arresto". El Comercio (en castelán). 2009-04-24. Consultado o 13/1/2018. 
  4. 4,0 4,1 "Oposicionista venezuelano Manuel Rosales é detido ao regressar". EL PAÍS (en portugués). 2015-10-16. Consultado o 13/1/2018. 
  5. "Opositor venezuelano Manuel Rosales é liberto após mais de um ano preso". Terra (en portugués). 31/12/2016. Consultado o 13/1/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.