Manuel Pérez Sáenz
Manuel Pérez Sáenz | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Lugar de nacemento | A Rioxa |
Falecemento | 12 de marzo de 1880 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Ocupación | armador e financeiro |
Fillos | Olimpio Pérez Rodríguez |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Pérez Sáenz nado en Cameros (A Rioxa) e finado en Santiago de Compostela o 12 de marzo de 1880, foi un empresario galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1825 trasladouse a Santiago de Compostela onde comezou a traballar co comerciante Francisco Rodríguez de Arijón, casando coa súa filla en 1837. Iniciou a súa actividade económica no comercio de Compostela e despois a actividade bancaria.
Manuel Pérez Sáenz tamén participou no negocio do transporte de emigrantes, exerceu como grosista e como armador nos portos do Carril e outros da Ría de Arousa, dende onde comerciou con portos de todo o mundo, particularmente con América.
Tivo tres fillos: Celestina, Olimpio e Cándido Pérez Rodríguez. Despois da súa morte en 1880 os seus fillos continuaron a súa actividade bancaria constituíndo unha sociedade que pasou a denominarse Hijos de Pérez Sáenz (1884). Anos máis tarde pasaría a coñecerse co actual nome de Banco Gallego. Finou en Santiago de Compostela o 12 de marzo de 1880.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en Gaceta de Galicia, 11-3-1882, p. 3.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pernas Oroza, Herminia (1999). "Presencia riojana en Compostela durante el siglo XIX. Un acercamiento a través de fuentes censales". Berceo (136): 121–137. Consultado o 16 de xullo de 2013.