Olimpio Pérez Rodríguez
Olimpio Pérez Rodríguez | |
---|---|
Nacemento | 1841 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 7 de marzo de 1915 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Ocupación | empresario e financeiro |
Pai | Manuel Pérez Sáenz |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Olimpio Pérez Rodríguez, nado en Santiago de Compostela en 1841 e finado na mesma cidade o 7 de marzo de 1915,[1] foi un empresario e financeiro galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Manuel Pérez Sáenz. Traballou coa denominación de Hijos de Pérez Sáenz e Olimpio Pérez. Formou parte do consello da Caixa de Aforros de Santiago e dirixiuna de 1891 a 1907. Tamén foi administrador da sucursal do Banco de España. Foi un dos fundadores de Diario de Galicia. Coa súa morte, a sociedade volveu cambiar de nome, pasando a denominarse Hijos de Olimpio Pérez.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en El Correo de Galicia, 8-3-1915, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Facal Rodríguez, María Jesús; Carmona Badía, Xoán (coord) (2006). CIEF, Fundación Caixa Galicia, ed. "Olimpio Pérez Rodriguez (1841-1915): As orixes da especialización bancaria" en Empresarios de Galicia, Volumen 2. A Coruña. pp. 140–162.