Manuel Morán Morán
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xaneiro de 1929 provincia de León, España |
Morte | 21 de xuño de 2003 (74 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | veterinario, político |
Manuel Morán Morán, nado en Los Barrios de Luna (León) o 5 de xaneiro de 1929 e finado na Coruña o 21 de xuño de 2003,[1] foi un veterinario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Veterinaria pola Universidade de León. Instalado como veterinario en Bergondo, de onde pasa a Ferrol (1956) e despois a Santiago de Compostela (1958). Marcha despois a Vila de Cruces onde permanece ata 1964. Fundou a empresa INGASA. Foi fundador do Partido Gallego Independiente con Meilán Gil, pero despois afiliouse a AP. Foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas primeiras eleccións autonómicas por Alianza Popular.
Obras
[editar | editar a fonte]- El agro gallego en Europa: artículos periodísticos, 1999.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Presvinda García e foi pai de Gloria e Manuel Morán García.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 22-6-2003, p. 53.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 236–239. ISBN 84-7507-044-2.