Manuel López Mosquera (O Pino)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel López Mosquera
Biografía
Nacemento1881 Editar o valor em Wikidata
Arca, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de novembro de 1966 Editar o valor em Wikidata (84/85 anos)
Guadalaxara, México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsVicente López Mosquera Editar o valor em Wikidata

Manuel López Mosquera, nado en Arca (O Pino) cara a 1881 e finado en Guadalaxara (México) o 11 de novembro de 1966, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel López Vigo. Foi nomeado secretario do xulgado municipal do Pino en 1908,[1] e renunciou ao cargo en 1910.[2] En 1912 presentou unha denuncia ante o físcal da Audiencia provincial polo abandono e pésimo estado do xulgado do Pino.[3] Na ditadura de Primo de Rivera foi cabo do Somatén do partido de Arzúa,[4] e foi nomeado recadador de cédulas persoais do partido de Arzúa en outubro de 1926.[5] En marzo de 1930 foi nomeado xuíz municipal do Pino.[6] Na República foi un dos dirixentes do Partido Republicano Radical da provincia da Coruña.[7] Foi nomeado xuíz municipal do Concello de Serantes en setembro de 1931,[8] pasando ao pouco tempo a ser xuíz municipal do Pino.[9] Volveu ser nomeado xuíz municipal do Pino en agosto de 1934,[10] permanecendo no cargo ata 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 instalouse en Lugo, onde tivo contacto con Ánxel Fole.[11] Pasou a territorio leal e foi nomeado fiscal e destinado como fiscal interino á Audiencia de Barcelona en setembro de 1938.[12][13] En 1937 o Xulgado de Santiago de Compostela abriulle expediente de responsabilidades políticas e foi condenado en 1940 a seis anos de inhabilitación.[14][15] Coa derrota da República pasou a Francia e foi internado no campo de refuxiados Centre d´Hebergement de Montolieu, onde se encontraba en agosto de 1939. Exiliouse en México, instalándose en Durango.[16] Solicita axuda á Junta de Auxilio a los republicanos españoles (JARE) para levar a México a súa filla que quedara en Galicia; a JARE acordou o 5 de febreiro de 1941 xirarlle 75 dólares para sufragar a viaxe.[17]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Ponteceso con Laura Hermida Sangermán, filla de Juan Hermida Ros e María Sangermán Montero, en 1906.[18] Laura finou ao ano seguinte,[19] e Manuel casou coa súa cuñada María Hermida Sangermán. Foi pai de Laura López Hermida. A súa irmá María López Mosquera foi a nai de Luís Seoane.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 30-8-1908, p. 3.
  2. La Correspondencia Gallega, 21-4-1910, p. 3.
  3. La Correspondencia Gallega, 25-1-1912, p. 2.
  4. La Voz de Galicia, 18-7-1926, p. 2.
  5. La Voz de Galicia, 16-10-1926, p. 5.
  6. La Voz de Galicia, 9-3-1930, p. 5.
  7. La Voz de la Verdad, 2-1-1933, p. 8.
  8. El Pueblo Gallego, 3-9-1931, p. 10
  9. BOP da Coruña, 15-12-1931, p. 6.
  10. El Eco de Santiago, 23-8-1934, p. 1.
  11. Carta de Fole a Seoane. 1953.
  12. Gaceta de la República, 7-9-1938, p. 1108
  13. Federico, Vázquez Osuna. La rebellió de "sus señorías". L'administracio de Justicia a Catalunya (1931-1945) (PDF) (Tese) (en cat). 
  14. BOE, 15-7-1940, p. 3320
  15. BOE, 5-1-1941, p. 81
  16. Xosé Luís, Axeitos (2022). "Días de amargas ausencias" (PDF). Boletín Galego de Literatura (29): 165–169. Consultado o 5 de outubro de 2021. 
  17. Libro de Actas de la Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles. Libros III y IV. (1941-1942)
  18. El Correo de Galicia, 26-3-1906, p. 2.
  19. La Voz de Galicia, 24-3-1907, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Adámez Castro, Guadalupe. Gritos de papel. Las cartas de súplica del exilio español (1936-1945). Albolote: Comares. pp. XIII–XVI. ISBN 978-84-9045-491-6. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]