Xesús Froiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXesús Froiz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de agosto de 1903 Editar o valor em Wikidata
Lalín, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Xesús Froiz Gómez, nado en Lalín o 25 de agosto de 1903 e finado na Estrada o 9 de outubro de 1936, foi un escritor, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario de Lugo, que abandonou por enfrontamentos coas autoridades eclesiásticas e retornou a Lalín. Colaborou en La Zarpa e Verdad y Justicia e publicou poemas en Eco de Galicia co pseudónimo O cantor do bosque. En 1928 fíxose correspondente de Faro de Vigo en Lalín. Colaborou cos republicanos dirixidos por Manuel Ferreiro nas súas primeiras campañas en 1930. Coa proclamación da República foi nomeado garda municipal. Seguiu colaborando na prensa local, dirixiu o periódico La Nueva España e formou parte da redacción de Razón, onde tamén asinou poemas co pseudónimo RECAREDO. Ingresou no Grupo Galeguista de Lalín en 1934 e colaborou en A Nosa Terra con poemas e artigos dirixidos ás Mocedades Galeguistas. Participou na campaña das eleccións de febreiro de 1936 e na do Plebiscito do Estatuto.

Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 4 de agosto. Torturado, permaneceu no cárcere ata que o 9 de outubro o sacaron da cadea xunto a Manuel Guillán Abalo e xunto con Ramón Muíños Lorenzo, a quen sacaron da Prisión de Silleda, foron asasínados preto da Estrada, no quilómetro 23 da estrada Chapa-Carril o 9 de outubro. Os cadáveres foron trasladados ao cemiterio da Estrada onde os soterraron.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]