Manuel García Filgueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel García Filgueira
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1882 Editar o valor em Wikidata (142 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Pontevedra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel García Filgueira, nado en Mourente (Pontevedra) o 16 de febreiro de 1882, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o líder da Sociedade Agraria de Mourente e o presidente da Federación Obreira Local de Pontevedra. Foi concelleiro socialista en Pontevedra nas eleccións de 1913 e volveu ser concelleiro en 1920. Foi membro do primeiro Comité Rexional do PCE (1923). Na República foi concelleiro en Pontevedra ata a súa detención e destitución polos sucesos de outubro de 1934 e colaborou en ¡¡Revolución!!. Foi acusado de traballo sectario polo PCE en 1934. Despois do triunfo da Fronte Popular foi elixido primeiro tenente alcalde e despois alcalde en substitución de Bibiano Fernández Osorio-Tafall que marchou a Madrid coma Subsecretario de Gobernación.

Durante a Guerra civil estivo agochado no monte con Rogelio González Suárez, aínda así en agosto de 1940 foi condenado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas a 10 anos de desterro a 150 quilómetros de Pontevedra, 10 anos de inhabilitación absoluta e multa de 250 pesetas.[1] O 19 de xullo de 1949 presentouse ás autoridades.[2][3] Foi xulgado o 29 de outubro de 1949 acusado de auxilio á rebelión e sentenciado a 12 anos de reclusión menor. En novembro reducíronlle a pena a 2 anos de prisión menor e finalmente foi indultado. Non tivo moita actividade política posteriormente e sufriu un estraño atropelo[4] do que quedou coxo.


Predecesor:
Bibiano Fernández Osorio-Tafall
 
Alcalde de Pontevedra
 
1936
Sucesor:
Eladio Becerril González

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Emma Mourón Álvarez, que foi encarcerada en 1936.[5] Foron pais de Manuel, Pilar, Rosario e Carlos García Mourón.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOE, 6-10-1940, p. 4665.
  2. El Ideal Gallego, 20-7-1949, p. 6.
  3. Se presenta a la autoridad el que fue jefe comunista de Pontevedra, ABC, 21-7-1949, p. 16.
  4. El Ideal Gallego, 21-6-1950, p. 6.
  5. Emma Mourón Álvarez
  6. La última hija del alcalde que estuvo años escondido
  7. La Voz de Galicia, 25-6-1991, p. 30.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]