Manuel García Amoedo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Vilaboa, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | canteiro, político |
Manuel García Amoedo, nado en Vilaboa, foi un canteiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Canteiro. Socialista, era membro da sociedade agraria de Vilaboa. Tocaba o fliscorno na banda de Paredes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte da Costa con Emilio Conde Conde. Buscado pola garda cívica, a familia construíulle un tobo na corte da casa onde estivo agochado até o remate da Guerra civil. Coa publicación do bando do gobernador civil Manuel Gómez Cantos para que os fuxidos que non tivesen as mans manchadas de sangue se presentase para regular a súa situación, presentouse xunto con Antonio Vidal Vilas agochado en Paredes. Durante unha época tivo que presentarse cada quince días ante a Garda Civil. Finalmente, en outubro de 1940, foi detido en Marín xunto a Manuel Mata del Río, Juan Cal Conde, José Cerqueiro Regueira e Manuel Pérez Curra.[1] Xulgado en Pontevedra, foi condenado a prisión. Cumpriu a condena na prisión de Pontevedra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 17-10-1940, p. 6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fajardo, Montse (2015). "Levaron o fiscorno". Un cesto de mazás. Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu. Vilagarcía: Autor-editor. pp. 15–29. ISBN 978-84-608-1274-6.