Manuel Gallego Vila
Manuel Gallego Vila | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1937 |
Lugar de nacemento | Taboadela |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Gallego Vila, nado en Taboadela o 29 de maio de 1937, é un industrial avícola e político galego do PPdeG, alcalde de Taboadela durante máis de catro décadas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrante no País Vasco, regresou a Galicia durante o franquismo e montou unha granxa de aves que estivo no berce da creación de Coren, a cooperativa avícola fundada por Euloxio Gómez Franqueira e que tivo unha extensión á política do rural ourensán[1].
En 1967 entrou de concelleiro en Taboadela, por designación, e foi nomeado alcalde do concello de Taboadela en 1972. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas encabezando a candidatura da UCD, e logrou a alcaldía. Permaneceu como alcalde nas sucesivas eleccións ata 2019, pasando por Coalición Galega, Coalición Progresista Galega, Centristas de Galicia e finalmente o Partido Popular de Galicia, sempre con maiorías absolutas.
En 2019 foi apartado da carreira pola alcaldía e foi substituído como candidato ás eleccións municipais de 2019 por Antonio Paz.
Predecesor: - |
![]() Alcalde de Taboadela 1972 - 2019 |
Sucesor: Álvaro Vila Araújo
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Se retira el alcalde más veterano de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-01-31. Consultado o 2019-02-01.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Alcaldes de Taboadela
- Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Alcaldes de Galicia pola UCD
- Alcaldes de Galicia por Coalición Galega
- Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega
- Alcaldes de Galicia polo PPdeG
- Nados en 1937
- Nados en Taboadela
- Galegos do País Vasco
- Empresarios do sector agrícola