Manuel Gómez Durán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Gómez Durán
Nacemento27 de marzo de 1898
 Antas
Falecemento23 de febreiro de 1984
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico e cirurxián
FillosCarlos Gómez-Durán Lafleur
PremiosGran Cruz de la Orden Civil de Sanidad
editar datos en Wikidata ]

Manuel Gómez-Durán Martínez, nado en Antas (A Lama) o 27 de marzo de 1898 e finado en Madrid o 23 de febreiro de 1984, foi un médico cirurxián galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Gómez Martínez, médico rural, e Amalia Durán Quintana, mestra. Ingresou en 1916 na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Discípulo de Mariano Gómez Ulla. Foi médico militar en África e na guerra civil española. Recolleu a experiencia en cirurxía de guerra en forma de coidadosas historias clínicas. Alcanzou o grao de xeneral de Sanidade Militar. Foi profesor de cirurxía de Guerra na Academia de Sanidade Militar e xefe de cirurxía do Hospital Gómez Ulla. Tamén foi médico da Beneficencia provincial de Madrid e de varios centros hospitalarios para sacerdotes. Foi académico numerario da Real Academia Nacional de Medicina e secretario xeral da Asociación Española de Cirurxiáns (1951-63).[1]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Contribución al estudio de las variedades anastomóticas del plexo lumbar y de su distribución periférica, tese doutoral. Madrid. Universidad Central. 1926. Impta Miguel Tutor.
  • Cirugía de guerra, 1938-39, 2 vols. (Cirugía cavitaria e Cirugía de extremidades) Bilbao. Tip. de la Edit. Eléxpuru.
  • Heridas penetrantes de cráneo, 1940, Valladolid. Librería Santarén.
  • Contribución al estudio de las secuelas postraumáticas: los síndromes deficitarios fisiopáticos de los traumatismos, 1947, Barcelona. Salvat.
  • "Traumatismos craneales: traumatismos craneoencefálicos agudos", II Congreso Nacional de Cirugía, II Ponencia, 1951, Madrid: Paz Montalvo.
  • Aportación de la Cirugía de Guerra al progreso quirúrgico actual. Discurso para ingreso en la Real Academia de Medicina del Académico electo Excmo. Sr. D. Manuel Gómez Durán, 1960, Madrid. Instituto de España. Real Academia Nacional de Medicina.
  • Ciencia, experiencia y conciencia del cirujano, discurso lido na sesión inaugural do curso académico 1974 da Real Academia Nacional de Medicina.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]