Manuel Cordero Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Cordero Pérez
Biografía
Nacemento19 de agosto de 1885 Editar o valor em Wikidata
Riomol, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de abril de 1941 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

7 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Madrid (capital) (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , panadeiro Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Cordero Pérez, nado en Riomol (Castroverde) o 19 de agosto de 1885 e finado en Buenos Aires o 25 de abril de 1941, foi un político socialista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de labregos, fixo as primeiras letras nas escolas de Furis e Barreiros. Aos 17 anos trasladouse a Madrid á casa dun parente, comezou a traballar como aprendiz de dependente de taberna e despois nunha tenda de ultramarinos. Iniciouse como panadeiro na fábrica de Pan de Viena da familia Baroja. Traballou tamén como mozo de imprenta na Correspondencia Militar. Na escola da Casa del Pueblo completou a súa formación de xeito autodidacta, converteuse nun lector infatigable e chegou a dominar o francés e o ruso. A Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas enviouno á industria panadeira de Losana, Florencia e Boloña para perfeccionar o seu oficio.

Integrouse no Centro Obrero da rúa Relatores e ingresou na Agrupación Socialista de Madrid en 1905. Asistiu aos congresos da UGT representando a agrupacións de panadeiros e pasteleiros e aos congresos do PSOE en representación de varias agrupacións. Foi redactor de El Socialista e vogal da Comisión Executiva do PSOE de 1928 a 1939. Foi elixido concelleiro de Madrid en 1919 e a corporación comisionouno a Colonia, Brandeburgo, Viena e Budapest para estudar as reformas municipais desas cidades. Candidato do PSOE nas eleccións xerais de 1920 por Xerez da Fronteira (Cádiz), Almadén e Puertollano (Cidade Real) e Mérida (Badaxoz). Foi elixido deputado por Madrid en 1923. Vogal do Comité Nacional da UGT (1914-1918) e vogal da Comisión Executiva (1920-1932), foi presidente do Sindicato de Artes Blancas de Madrid e da Federación Nacional de Panaderos. Delegado do PSOE e da UGT ante organismos internacionais sindicais e políticos.

No Instituto de Reformas Sociales foi vogal obreiro suplente (1920-1924); vogal obreiro na Junta Especial de Abastos de Carnes e representante socialista suplente nos Comités Paritarios (1924-1930). En maio de 1930 foi elixido xerente-tesoureiro da Mutualidad Obrera da Casa del Pueblo de Madrid.

En 1931, nas eleccións de abril que trouxeron a República, volveu ser elixido concelleiro por Madrid e desempeñou os cargos de tenente alcalde e deputado provincial. Deputado por Madrid nas Cortes constituíntes, nomeárono xefe da minoría socialista e despois formou parte da Comisión de Responsabilidades, da que foi elixido presidente. Nas Cortes constituíntes correspondeulle defender en representación da súa minoría o voto da muller.

Foi membro da directiva da Internacional Socialista e acudiu a Xenebra como delegado da Oficina Internacional do Traballo. Colaborou en diversos xornais españois, particularmente en El Socialista e La Libertad e os seus artigos distinguíronse polo seu estilo sinxelo e a singular altura do seu pensamento.

Durante a guerra civil exerceu como concelleiro e deputado provincial de Madrid e en Barcelona dirixiu El Socialista Gallego. Ao rematar a guerra exiliouse en Francia, despois trasladouse a Casablanca onde embarcou no vapor Katiola rumbo a Arxentina en decembro de 1940. En Bos Aires colaborou na prensa socialista La Vanguardia e La Revista Socialista, mentres a súa esposa traballaba de modista para poder subsistir. Cando aínda non se cumprira o ano da súa chegada, enfermou e foi internado no hospital Tornú, onde faleceu o 24 de abril de 1941. Enterrárono no mausoleo do Centro Gallego e despediron os seus restos Castelao, Augusto Barcia Trelles e Luis Jiménez de Asúa.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Los socialistas y la revolución española, 1932.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Botana Iglesias, Rocío (2012). Fundación Luís Tilve, ed. O movemento obreiro socialista na provincia de Lugo (1902-11936). Santiago de Compostela. pp. 328–329. ISBN 978-84-95773-26-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]