Manuel Cassola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Cassola

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1837 Editar o valor em Wikidata
Hellín, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de maio de 1890 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de San Justo de Madrid Editar o valor em Wikidata
Ministro da Guerra
8 de marzo de 1887 – 14 de xuño de 1888
← Ignacio María del Castillo y Gil de la Torre (en) TraducirTomás O'Ryan (pt) Traducir →
Deputado das Cortes
13 de abril de 1886 – 10 de maio de 1890
Circunscrición electoral: Cartagena
Deputado das Cortes
11 de outubro de 1881 – 31 de marzo de 1884
Circunscrición electoral: Cartagena
Deputado das Cortes
10 de xuño de 1879 – 25 de xuño de 1881
Circunscrición electoral: Cartagena
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia de Infantería de Toledo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militartenente xeneral Editar o valor em Wikidata

Manuel Cassola Fernández, nado en Hellín, Albacete, o 26 de agosto de 1837 e finado en Madrid, o 10 de maio de 1890, foi un militar e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación e primeiros anos[editar | editar a fonte]

Fillo de Alberto Cassola, un italiano afincado en Hellín e dedicado á docencia. Con quince anos, ingresou na Academia de Infantería de Toledo, onde se licenciou como segundo tenente en 1856.[1]

Carreira militar[editar | editar a fonte]

Entre 1862 e 1871 loitou na intervención aliada en México e na Guerra da Restauración en Santo Domingo. Casou un ano despois con María del Carmen Arce y Gutiérrez. Loitou na Terceira guerra carlista, ascendendo a coronel en 1873, a brigadier en 1874, e foi nomeado Capitán Xeral de Granada en 1875. En 1876, foi destinado a Cuba para loitar contra os separatistas, o que lle valeu o ascenso a tenente xeral.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Entre 1879 e 1886, foi deputado por Cartaxena e, posteriormente, senador por Canarias (entre 1885-1886) e por Santa Clara, Cuba (en 1886).[2]​ Adscrito aos liberais, entre marzo de 1887 e xuño de 1888 foi nomeado Ministro da Guerra. Malia que Sagasta esperaba que non houbese maiores problemas por querer executar reformas,[3] o 22 de abril de 1887, presentou un ambicioso proxecto de reformas do Exército.

Reformas[editar | editar a fonte]

Estas incluían que, a partir, dos 20 anos, tódolos homes terían que realizar un servizo militar de 12 anos no país, ou 8 nas colonias; pretendeu acabar co inxusto sistema de redención do servizo militar, que subiu até 2 000 pesetas e só para aceptado para o servizo nas colonias.[4] Tamén quixo reformar o sistema de ascensos[5] de tal xeito que, en épocas de paz, tódolos ascensos chegarían até o grao de coronel exclusivamente por antigüidade e, en épocas de guerra, só por méritos de guerra. A partir de coronel, remataría a carreira militar e só se ascendería por elección.[4] Pretendeu crear un corpo de Estado Maior moderno en cada unha das pólas do Exército.[4] Finalmente, prevía a eliminación dos dobres ascensos e a creación dunha Caixa de Préstamo Militar para acabar coa precariedade de moitos oficiais.

O programa provocou moitas queixas, algunhas expresadas dende os xornais que representaban a opinión militar como El Ejército Español e, finalmente, fracasou por considerarse socialmente radical, aínda que foi a semente das reformas levadas a cabo, xa no século seguinte, por José Canalejas e Manuel Azaña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Requena Gallego, Manuel (2018). "Manuel Cassola Fernández". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 15 de novembro de 2023. 
  2. "CASSOLA Y FERNÁNDEZ, MANUEL". senado.es (en castelán). Consultado o 15 de novembro de 2023. 
  3. Payne (1968), p. 49
  4. 4,0 4,1 4,2 Payne (1968), p. 50
  5. Núñez Florencio (1990), pp. 65-66

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Ignacio María del Castillo

Ministerio de Guerra

8 de marzo de 1887 - 14 de xuño de 1888
Sucesor:
Tomás O'Ryan