Manuel Carballal Pena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Carballal Pena
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor em Wikidata
Cumeiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de decembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Carballal Pena, nado en Cumeiro (Vila de Cruces) en 1898 e finado na Coruña o 15 de decembro de 1948, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Taberneiro en Vila de Cruces. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á illa de San Simón. Xulgado e Pontevedra en consello de guerra o 9 de xaneiro de 1937 por auxilio á rebelión xunto con outros 18 republicanos de Carbia,[1] foi condenado a cadea perpetua.[2] Foi trasladado ao penal de San Cristóbal en Pamplona en maio de 1937. Sufriu expediente de incautación de bens en outubro de 1937. Participou na fuga do penal de Pamplona o 22 de maio de 1938 e foi capturado, reingresando ao día seguinte. Foille conmutada a pena a 3 anos o 12 de decembro de 1942 e volveu a Vila de Cruces. En 1948 foi novamente procesado e encarcerado, acusado de axudar á guerrilla antifranquista. Suicidouse na Prisión da Coruña o 15 de decembro de 1948.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 8-1-1937, p. 3.
  2. El Progreso, 27-1-1937, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]