Manuel Barreiro Cabanelas
Manuel Barreiro Cabanelas | |
---|---|
![]() Estatua de Asorey nos xardíns do Hospital Provincial de Pontevedra, na memoria de Manuel Barreiro Cabanelas. | |
Nacemento | 11 de xullo de 1867 |
Lugar de nacemento | Laxedo |
Falecemento | 23 de agosto de 1950 |
Lugar de falecemento | Río de Xaneiro |
Nacionalidade | España |
Ocupación | emprendedor e filántropo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Barreiro Cabanelas, o Conde Cabanelas, nado en Laxedo (Covelo, A Lama) o 11 de xullo de 1867[1] e finado en Río de Xaneiro o 22[1] ou o 23 de agosto de 1950[2], foi un empresario e filántropo galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun canteiro, emigrou con 16 anos a Río de Xaneiro. Conseguiu progresar nos negocios, especialmente coa lotería, e amasou unha fortuna, con negocios de hostalería, construción e roupa feminina. Sufragou numerosas obras na súa parroquia natal, subministración de agua, a construción de fontes, bebedoiros e vivendas que doou a quen quixo quedar na aldea. Ademais creou en 1915 un grupo escolar en Laxedo e en 1942 dooulle ao estado español o edificio da súa propiedade "con la condición sine qua non de ser destinado con carácter permanente para Colonias escolares". Financiou dúas salas do Hospital Provincial de Pontevedra. Un dos seus últimos proxectos foi a urbanización de Covelo, cuxo deseño deixou por escrito, pero que non viu rematado. Morreu en Río de Xaneiro. A raíña María Cristina tramitou para el o título nobiliario de conde.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Bará, M. (7 de outubro de 2018). "Barreiro Cabanelas, "nai, non me espere, viaxo á emigración"". Diario de Pontevedra. Consultado o 21 de agosto de 2019.
- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 24 de agosto de 1950, p. 4.