Osfradio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os osfradios son órganos sensoriais olfactivos típicos de certos moluscos, conectados co órgano da respiración, e que se encargan de percibiren os olores, mediante os quimiorreceptores que posúen, para poder estes animais localizaren unha fonte de alimento, ou para orientarse.

A función principal deste órngano é a de comprobar o nivel de salinidade da auga e a presenza de partículas alimenticias nela. Os seus quimiorreceptores son capaces de captaren información química no medio que os rodea, especialmente na lama, en busca de posíbeis alimentos.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo osfradio é a forma romanceada do latín científico osphradium (plural osphradia), tirado do grego medio ὀσφραδίον osphradíon, 'nariz rechamante', diminutivo do grego antigo ὅσφρα ósphra, 'cheiro', 'olor', de ὀσφραίνομαι osphraínomai, 'oler', 'olfactear', relacionado con ὄζω ozō, 'oler', 'cheirar' (ben ou mal).

Referencias bibliográficas[editar | editar a fonte]

  • Hulbert G. C. E. B. & Yonge C. M. (1937): "A Possible Function of the Osphradium in the Gastropoda". Nature 139: 840-841. doi 10.1038/139840b0.
  • Brown A. C. & Noble R. G. (1960): "Function of the Osphradium in Bullia (Gastropoda)". Nature 188: 1045-1045. doi 10.1038/1881045a0.