Saltar ao contido

Manolo Cardona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManolo Cardona

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Manuel Julián Cardona Molano Editar o valor en Wikidata
25 de abril de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Popayán, Colombia Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia
Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , actor de televisión , realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor en Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0136572 Allocine: 146426 Allmovie: p453579 BNE: XX4830645 Editar o valor en Wikidata

Manuel Julián Cardona Molano, nado en Popayán o 25 de abril de 1977, é un actor colombiano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Educouse na cidade de Cali, aos 14 anos comezou a gravar anuncios para a televisión e traballou como modelo. En Bogotá principiou a estudar relacións internacionais e finanzas. Empezou a actuar en 1995 na serie Padres e hijos e en 1998 tivo o seu primeiro papel protagonista na telenovela Carolina Barrantes pero foi ao ano seguinte con ¿Por qué diablos? cando comezou a adquirir sona como actor. En 2003 protagonizou a primeira telenovela fóra do seu país Ladrón de Corazones de Telemundo. No ano 2005 realizou dous filmes Rosario Tijeras e La mujer de mi hermano. No ano 2009 realizou a versión española de Sin tetas no hay paraíso.