Mamá Ganso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mamá Ganso
Personaxe de Contos e rimas infantís
Primeira aparición Desde o século XVII polo menos (na súa forma moderna)
Creador(es) Personaxe do folclore europeo e mundial, popularizado por Charles Perrault
Información
Nome orixinal Mamãe Gansa, Mãe Gansa, Ma Mère l'Oye, Mamá Oca, Mama Gansa, Mama Ganso, Mamma Oca, Mother Goose, Mutter Gans
Raza Humana (é un personaxe simbólico habitualmente representada como unha muller anciá, aínda que ás veces é representada como a personificación dun ganso femia)
Sexo Feminino
Especialidade Narración de contos e rimas infantís
Ocupación Narradora de contos
Status actual Personaxe do folclore
Páxina dunha versión manuscrita (finais do século XVII ) de Contes de ma mère l'Oye de Charles Perrault, que mostra o Gato con Botas .

Mamá Ganso ou Mamá Gansa é unha figura moi coñecida na literatura dos contos de fadas. No Brasil e noutros países lusófonos Mamãe Gansa ou Mãe Gansa,[1][2] en francés Ma Mère l'Oye,[3] en castelán Mamá Oca, e en castelán de América Mama Gansa ou Mama Ganso,[4] en italiano Mamma Oca, en inglés Mother Goose,[5] e en alemán Mutter Gans.[6] Aínda que o nome foi popularizado no século XVII polo libro Contes de ma mère l'Oye de Charles Perrault, a existencia de mulleres que contaban historias (como se recolle na portada da primeira edición do libro) é certamente moito máis antiga e non representa a unha persoa real.

Orixe[editar | editar a fonte]

Ilustración de Contes de ma Mère l'Oye de Gustave Doré.

"Mama Ganso" é o nome que recibe unha arquetípica muller rural, que sería a orixe das historias e cancións atribuídas ao personaxe. Aínda que nunca se identificou ningún escritor ou escritora con este nome, a primeira mención coñecida aparece nunha crónica en verso semanal, La Muse Historique (c. 1660) de Jean Loret, publicada regularmente durante moitos anos. O seu comentario, ... comme un conte de la Mere Oye ("...como unha historia da Mamá Ganso) demostra que a expresión xa era familiar. O iniciador do xénero literario dos contos de fadas, Charles Perrault, publicou en 1695 baixo o nome do seu propio fillo unha colección de contos titulada Histoires ou contes du temps passés, avec des moralités, que se fixo máis coñecida polo seu subtítulo, Contes de ma mère l'Oye, que marca o comezo moderno verificable da historia do personaxe.

Hai relatos, coñecidos para os turistas que visitan Boston, Massachusetts, de que a Mother Goose orixinal era unha local chamada Mary Goose, cuxo corpo foi enterrado no Granary Burying Ground. Segundo Eleanor Early, historiadora da cidade nas décadas de 1930 e 1940, a verdadeira Mother Goose era unha persoa real que viviu en Boston ao redor de 1660. Supostamente, era a segunda esposa de Isaac Goose, e levou os dez fillos que tiña para vivir cos dez que xa tiña Isaac. Despois da morte de Isaac, Elizabeth foi vivir coa súa filla maior, que casou con Thomas Fleet, un editor que vivía en Pudding Lane (agora rúa Devonshire). Segundo Early, "Mother Goose" adoitaba cantar cancións aos seus netos durante todo o día, e outros nenos acudían a escoitalas. Finalmente, o xenro recolleu as cancións e publicounas.[7]

En The Real Characters of Mother Goose (1930), Katherine Elwes Thomas argumenta que a imaxe e o nome "Mother Goose" ou "Mere L'Oye", poderían estar baseados en antigas lendas sobre a esposa do rei Roberto II de Francia. "Bertha Goosefoot" adoita citarse nas lendas francesas como a contadora de incribles contos que cativaron aos nenos. A autoridade mundial sobre a tradición de Mother Goose, Iona Opie, non dá crédito ás suposicións, xa sexan de Elwes Thomas ou de Boston.


En 1729, Robert Samber publicou unha tradución ao inglés da colección de Perrault Histories or Tales of Past Times, Told by Mother Goose. John Newbery publicou unha recompilación de cancións de berce en inglés, Mother Goose's Melody, or, Sonnets for the Cradle (Londres, sen data, arredor de 1765),[8] que cambiou o foco dos contos de fadas a cancións infantís, e en inglés este era o significado principal de Mother Goose até hai pouco.

A primeira aparición pública das historias de Mother Goose no Novo Mundo tivo lugar en Worcester, onde o impresor Isaiah Thomas reimprimiu o libro de Samber co mesmo título en 1786.[9]

Maurice Ravel escribiu unha º para piano chamada Ma Mère l'Oye, que orquestrou para un ballet.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Contos da Mamãe Gansa ou histórias do tempo antigo". Limerique (en portugués). 2016-12-15. Consultado o 2024-01-24. 
  2. "Contos da Mamãe Gansa - Mãe Gansa. 'O Pequeno Polegar". Gravuras Antigas & Desenhos, Contes de Perrault & Gustave Doré; Xilogravura, 1880; www.gravuras-antigas.com. Consultado o 2024-01-24. 
  3. "Ma mère l’oye ("Mother Goose"), Suite | LA Phil". web.archive.org. 2017-12-10. Archived from the original on 10 de decembro de 2017. Consultado o 2024-01-24. 
  4. "EUREKA TEATRO - MAMA GANSA". Consultado o 2024-01-24. 
  5. "The Opie Archive". www.opiearchive.org. Consultado o 2024-01-24. 
  6. "MA MÈRE L’OYE - MUTTER GANS". Musor.de (en alemán). Consultado o 2024-01-24. 
  7. Reader's Digest, Abril de 1939, p. 28.
  8. Prideaux, William Francis (1904). Mother Goose's melody. London : A. H. Bullen. 
  9. Charles Francis Potter, "Mother Goose", Standard Dictionary of Folklore, Mythology, and Legends, II(1950), p. 751f.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

En inglés[editar | editar a fonte]

En portugués[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.