Malva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Malva sylvestris»)
Malva brava
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Malvales
Familia: Malvaceae
Subfamilia: Malvoideae
Xénero: Malva
Especie: M. sylvestris
Nome binomial
'Malva sylvestris'
L., Sp. Pl., vol. 2: 689, 1753 [1]
Malva sylvestris : Sementes soltas.

A malva brava ou malva común (Malva sylvestris) é unha planta herbácea da familia das malváceas, moi abundante en toda Europa nos beirados dos camiños e en terreos tanto cultivados coma incultos.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha perenne herbácea ou algo lígnea na base, de até 2 m de altura. Xeralmente posúe hábito erecto, con ramificacións. O talo pode ser glabrescente a pubescente. As follas son palmatífidas, alternas e pecioladas.

Florea na primavera deica mediados do verán, producindo inflorescencias en forma de acio de cimas helicoidais; as flores, hermafroditas miden entre 2 e 6 cm de diámetro, con pétalos purpúreos ou rosa, con veas máis escuras. O periantio é pentámero, con calículo de 3 pezas soldadas na súa base. As flores fechan á noitiña e cando vai mal tempo para protexer o pole. A polinización é esencialmente entomógama, aínda que son capaces de se autopolinizar.

O froito é unha cápsula (esquizocarpo) formada por varios mericarpos, de forma de ril, de cor parda e con costelas laterais sinuadas en abano radial.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

É moi abundante en terreos ermos, hortas, leiras, beiras dos camiños, entullos e xardíns cando están desleixados. O lugar de orixe é Europa, Asia occidental e norte de África. Introduciuse en América central e do Norte, onde a consideran planta invasora.

Usos medicinais[editar | editar a fonte]

Malvae sylvestris, flores secas, para facer té

Existe unha industria farmacolóxica arredor da malva, pois se coñecen nesta planta principios activos de certa importancia como a arabinosa, a ramnosa e pequenas cantidades de taninos.

Adoitan utilizarse, na medicina popular, as follas,talo e flores coma emoliente para ser aplicada en enemas e furúnculos, e en forma de tisana contra a tose.[1]

Malva sylvestris, folla con puntos producidos por un fungo

Coas follas da malva faise un té que serve para aliviar a febre; tómanse de dúas a tres cuncas ao día.

Etnografía[editar | editar a fonte]

É unha planta considerada máxica e medicinal nas tradicións e crenzas galegas, sendo unha das sete herbas de San Xoán.

Enfermidades da planta[editar | editar a fonte]

Acostuma ser atacada por fungos do xénero Puccinia, producindo a roia alaranxada.

Citoloxía[editar | editar a fonte]

Números cromosomáticos de Malva sylvestris é táxones infraespecificos:[2] 2n=42.[3]

Sinonimia[editar | editar a fonte]

  • Althaea godronii Alef.
  • Althaea mauritiana Alef.
  • Malva ambigua Guss.
  • Malva erecta C.Presl in J.Presl & C. Presl
  • Malva erevaniana Takht.
  • Malva hirsuta C. Presl
  • Malva hirsuta auct. , non Aubl. nec Ten.
  • Malva grossheimii Iljin
  • Malva longelobata Sennen
  • Malva longepedunculata Sennen
  • Malva mauritiana L.
  • Malva polymorpha Guss.
  • Malva sylvestris subsp. ambigua (Guss.) P.Fourn.
  • Malva sylvestris subsp. erecta (C. Presl)Nyman
  • Malva sylvestris subsp. mauritiana (L.) Cout.
  • Malva sylvestris var. mauritiana (L.) Boiss.
  • Malva sylvestris subsp. vivianiana (Rouy) P. Fourn.
  • Malva tomentella C. Presl
  • Malva vivianiana Rouy[3][4][5]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Font Quer, P. - Plantas Medicinales - El Dioscórides renovado, p. 404-405. Editorial Labor, SA, Barcelona, 1980
  2. Contribuiçao para o conhecimento citotaxonómico das spermatophyta de Portugal. XVI. Malvaceae Queirós, M. Bol. Soc. Brot. ser. 2 51: 187-199 (1977).
  3. 3,0 3,1 "Malva sylvestris". www.floraiberica.es. Consultado o 2022-04-19. 
  4. "The Plant List". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2013. Consultado o 22 de xuño de 2013. 
  5. The Euro+Medit PlantBase

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]