Saltar ao contido

Maldición da novena sinfonía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A maldición da novena sinfonía é unha superstición segundo a cal calquera compositor de sinfonías, a partir de Ludwig van Beethoven, morrería pouco tempo despois de escribir a súa novena sinfonía.[1]

Exemplos e contraexemplos

[editar | editar a fonte]

Os casos máis notorios que avalan esta crenza de mal agoiro son os de compositores como Franz Schubert, Antonín Dvořák, Anton Bruckner, Gustav Mahler e mais o británico Ralph Vaughan Williams.

Non obstante, o fundamento desta superstición é feble, posto que a listaxe de contraexemplos é marcadamente máis longa: Andrzej Panufnik (con 10, e de incluír dúas sinfonías perdidas serían 12), Hans Werner Henze (10, a novena sinfonía era de feito unha coral), Eduard Tubin (10, finou escribindo a undécima), William Schuman (10), Alun Hoddinott (10), David Diamond (11), Edmund Rubbra (11, a novena foi coral), Robert Simpson (11), Heitor Villa-Lobos e Darius Milhaud (con 12 cadaquén), Vagn Holmboe (13), Roy Harris (13), Glenn Branca (14), Gloria Coates (15), Rued Langgaard (16 máis un bo número de sinfonía corais), Henry Cowell (17), Allan Pettersson (17), Lev Knipper (20), Jānis Ivanovs (21), Moisei Vainberg (22), Nikolai Myaskovsky (27), Havergal Brian (32), Alan Hovhaness (67), e Leif Segerstam (230).

  1. Mordden, Ethan (1980). A Guide to Orchestral Music: The Handbook for Non-Musicians. Nueva York: Oxford University Press. p. 312. ISBN 9780198020301. Aínda que se trata máis dun ciclo de cancións que dunha sinfonía, esta ía ser a Novena Sinfonía de Mahler, pero a superstición fíxolle recapacitar. Tanto Beethoven como Schubert morreron tras completar as súas respectivas Novenas, e Bruckner faleceu coa súa sen terminar. ... Pensou que atopara unha saída: dar á súa Novena Sinfonía un nome —sen número— e así sortear o perigo sen sufrir ningún dano. Así podería pasar a unha «décima» (en realidade, a súa Décima). Pero o destino riuse de Mahler e el, do mesmo xeito que os seus predecesores, morreu antes de poder completar unha Décima Sinfonía.