Mal das ovellas tolas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O mal das ovellas tolas é unha enfermidade do tipo encefalopatía esponxiforme transmisible (EET) que afecta tanto a ovellas como cabras, principalmente entre os 2 e 5 anos de idade. A enfermidade cáusaa un prión. Caracterízase por alteracións no carácter e nos movementos do animal, con frecuentes tremores, tropezóns e o rañado continuo do corpo, que adoita rematar coa morte do animal.

Aínda que é unha enfermidade coñecida en Europa desde o século XVIII, co nome de scrappie ou, en castelán, tembladera, foi obxecto de grande atención pública desde os anos 90 do século XX pola súa relación coa enfermidade de Creutzfeldt-Jakob ou co mal das vacas tolas.