Saltar ao contido

Maite Pagazaurtundúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaite Pagazaurtundúa

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de febreiro de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Hernani (España) Editar o valor en Wikidata
Eurodeputada

2 de xullo de 2019 –

Circunscrición electoral: España

Eurodeputada

1 de xullo de 2014 – 1 de xullo de 2019

Circunscrición electoral: España

Deputado do Parlamento do País Vasco
30 de novembro de 1994 – 1 de setembro de 1998

Circunscrición electoral: Guipúscoa
Deputado do Parlamento do País Vasco
24 de setembro de 1993 – 30 de agosto de 1994
← Iñaki Arriola (pt) Traducir

Circunscrición electoral: Guipúscoa
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Deusto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, escritora Editar o valor en Wikidata
Partido políticopolítico independente (2020–)
Unión, Progreso y Democracia (2014–2020)
Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra (1993–2005) Editar o valor en Wikidata
Participou en
5 de novembro de 2012Con Cataluña, con España Editar o valor en Wikidata

Facebook: MaitePagaza Twitter: maitepagaza BNE: XX1671555 Editar o valor en Wikidata

María Teresa Pagazaurtundúa Ruiz,[1] nada en Hernani, Guipúscoa, en 1965, máis coñecida como Maite Pagazaurtundúa ou Maite Pagaza, é unha política, activista e escritora española. Na actualidade é deputada do Parlamento Europeo, onde é vicepresidenta do Grupo da Alianza de Liberais e Demócratas Europeos ALDE e portavoz de Unión Progreso e Democracia no Parlamento Europeo. Defínese como unha socialdemócrata defensora da liberdade, a xustiza e a igualdade.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Naceu en Hernani en 1965 no seo dunha familia traballadora. A súa nai, Pilar Ruiz, foi refuxiada de guerra e co tempo converteuse tamén en activista polas liberdades en Euskadi. É a menor de tres irmáns. Un deles, Joseba Pagazaurtundúa, foi asasinado por ETA en 2003 tras anos de ameazas, acoso e agresións.

Estudou nunha Ikastola, polo que é unha das poucas políticas vascas non nacionalistas bilingüe en español e éuscaro. Licenciouse en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Vasca pola Universidade de Deusto. Tamén cursou estudos de Dereito en éuscaro. Sufriu unha agresión na facultade pola que tivo que abandonar as clases presenciais.

Durante a súa mocidade estableceu a súa residencia en Donostia. Tras anos de acoso, persecución e agresións, e especialmente tras o asasinato do seu irmán Joseba a mans de ETA, tivo que trasladarse xunto á súa familia, por recomendación policial, fóra do País Vasco. Está casada e ten dúas fillas.