A maiorana[1] (Origanum majorana) é unha herba perenne da familia lamiaceae, cultivada polo seu uso aromático, que lembra ao do piñeiro e aos cítricos. O seu hábitat natural é o leste de Asia e a rexión mediterránea, o seu cultivo está moi estendido na Península Ibérica onde vexeta en zonas asolladas e secas.
Os matos acadan un talle duns 60cm. de altura, algo lígneos na base, follas aovadas, enteiras, abrancazadas e lanuxinosas. As miúdas flores labiadas xorden reunidas en franzas terminais, adoitan ser brancas ou rosadas. As sementes son redondas, miúdas e avermelladas.
A planta contén substancias tánicas, pentonasas e principios amargos, ademais de minerais, mais a substancia principal é a esencia recendente, de cor amarela averdada composta por terpenos, terpineno e origanol (arredor do 40%), sabineno e sesquiterpenos en pequenas cantidades.