Magda Goebbels
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Johanna Maria Magdalena Behrend ![]() 11 de novembro de 1901 ![]() Berlín, Alemaña ![]() |
Morte | 1 de maio de 1945 ![]() Führerbunker, Alemaña ![]() |
Causa da morte | suicidio asistido, intoxicación por cianuro ![]() |
Altura | 1,64 m ![]() |
Cor dos ollos | Azul ![]() |
Cor do pelo | Louro ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política, propagandist (en) ![]() ![]() |
Partido político | Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Joseph Goebbels (1931–1945) Günther Quandt (1921–1929) ![]() |
Fillos | Harald Quandt ( ![]() Helga Susanne Goebbels ( ![]() Hildegard Traudel Goebbels ( ![]() Helmut Christian Goebbels ( ![]() Holdine Kathrin Goebbels ( ![]() Hedwig Johanna Goebbels ( ![]() Heidrun Elisabeth Goebbels ( ![]() ![]() |
Pai | Richard Friedländer ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |

Johanna Maria Magdalena Goebbels, nada en Berlín en 1901 e finada en 1945, foi a muller de Joseph Goebbels, considerada a primeira dama do Terceiro Reich.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixe e primeiros anos
[editar | editar a fonte]Filla de Auguste Behrend e de Oskar Ritschel, un rico enxeñeiro, que se divorcian cando Magda tiña tres anos. A súa nai casa con Richard Friedländer, un industrial xudeu. En 1906 trasládase a vivir co seu pai a Bruxelas, pouco despois a súa nai e padrasto trasládanse tamén a vivir á capital belga, e para o curso Magda queda interna no colexio das ursulinas. Co comezo da primeira guerra mundial en 1914 vese obrigada a marchar coa súa familia a Berlín. O seu pai, que se trasladara a Bad Godesberg e a quen Magda visitaba regularmente, influíu no seu achegamento ao budismo.
Matrimonios
[editar | editar a fonte]En 1920 coñece a Günter Quandt, un dos homes máis ricos de Alemaña, co que casa o 4 de xaneiro[1] de 1921 tras converterse ao protestantismo. En novembro tivo ao seu primeiro fillo, Harald. Pero o matrimonio non ía ben e comeza a manter relacións co dirixente sionista Chaim Arlosoroff, irmán dunha das súas mellores amigas. En 1929 divorciase de Quandt. En 1930 asistiu a un acto do NSDAP no que o participaba Goebbels e queda tan impresionada polo seu discurso que se afiliou ao partido nazi e consegue traballar como voluntaria nos arquivos da sede central do NSDAP, onde coñeceu persoalmente a Goebbels. O 19 de decembro de 1931 casaban, despois dunha suxestión de Adolf Hitler.
Descendencia
[editar | editar a fonte]Con Goebbels tivo seis fillos:
- Helga Susanne (1 de setembro de 1932 † 12)
- Hildegard (Hilde) Traudel (13 de abril de 1934 † 11)
- Helmut Christian (2 de outubro de 1935 † 9)
- Hedwig (Hedda) Johanna (19 de febreiro de 1937 † 8)
- Holdine (Holde) Kathrin (1 de maio de 1938 † 7)
- Heidrun (Heide) Elisabeth (20 de outubro de 1940 † 4)
Terceiro Reich e suicidio
[editar | editar a fonte]Logo da chegada de Hitler ao poder, Joseph Goebbles asumiu o posto de ministro de propaganda (marzo de 1933) e Magda asume o papel de primeira dama e modelo da nai alemá.
O 22 de abril de 1945, cando xa non quedaba moito para rematar a guerra Magda instálase coa súa familia no búnker da chancelaría, onde permanecía Hitler. O 1 de maio de 1945 Magda envelenou os seus fillos con cianuro e despois ela e o seu home suicidáronse.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biographie Magda Goebbels. Deutsches Historisches Museum". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2007. Consultado o 02 de novembro de 2009.