Madden NFL 19

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Madden NFL 19
Desenvolvedor(es)EA Tiburon
Distribuidora(s)EA Sports
Director(es)Mike Young[1]
Produtor(es)Ben Haumiller[2]
Compositor(es)John Debney
MotorFrostbite 3
Lanzamento10 de agosto de 2018
XéneroDeportes
Modos de xogoUn xogador, multixogador
Plataforma(s)Microsoft Windows
PlayStation 4
Xbox One
SerieMadden NFL
Na rede
https://www.easports.com/madden-nfl
editar datos en Wikidata ]

Madden NFL 19 é un videoxogo deportivo de fútbol americano baseado na National Football League (NFL), desenvolvido e publicado por EA Sports. Pertencente á serie Madden NFL, o xogo publicouse o 10 de agosto de 2018 para Microsoft Windows, PlayStation 4 e Xbox One. Obtivo unha recepción xeralmente favorable por parte da crítica, que eloxiou as actualizacións desta versión nas mécanicas de carreira e recepción.

Mecánica de xogo[editar | editar a fonte]

O xogo inclúe movementos realistas, permitindo que os xogadores empureen ós bloqueadores para gañar máis iardas durante unha carreira ou que realizen fintas máis realistas tras unha recepción, ademais de incluír celebracións interactivas para os touchdowns.[3] No modo Ultimate Team introducíronse as partidas de tres contra tres en liña así como un modo de xogo de "batallas individuais", un sistema de recompensas baseado nunha clasifcación dos xogadores segundo o seu desempeño en desafíos dun só xogador.[4] O xogo inclué unha continuación de Longshot, o modo dun xogador que segue unha historia particular iniciado en Madden NFL 18.[5]

Música[editar | editar a fonte]

A banda sonora do xogo inclúe máis de 30 temas, incluíndo cancións de artistas como Migos, Pusha T, Post Malone, Cardi B, Nicki Minaj, 2 Chainz e Lil Yachty, xunto con temas orixinais de John Debney. EA anunciou que engadiría máis temas ó xogo durante o curso da tempada 2018 da NFL.[6]

Lanzamento[editar | editar a fonte]

O xogo publicouse o 10 de agosto de 2018 para PlayStation 4, Xbox One e Microsoft Windows, sendo a primeira edición da serie publicada para Windows dende Madden NFL 08 no ano 2007.[7][8] A edición estándar do xogo inclúe a Antonio Brown dos Pittsburgh Steelers.[9] O 7 de agosto publicouse unha edición "Hall of Fame" para os subscritores do programa EA Access.[10]

Recepción[editar | editar a fonte]

Recepción
Puntuacións agregadas
AgregadorPuntuación
Metacritic(XONE) 83/100[11]
(PS4) 81/100[12]
(PC) 82/100[13]
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
EGM7/10[14]
Game Informer8/10[15]
GameSpot8/10[16]
GamesRadar+4.5/5 estrelas[17]
IGN8.9/10[18]
PC Gamer (US)75/100[19]

Madden NFL 19 recibiu críticas "xeralmente favorables" segundo o agregador Metacritic.[11][12][13]

Controversias[editar | editar a fonte]

En maio de 2018 anunciouse que Terrell Owens estaría na portada da edición "Hall of Fame". Owens represéntase cun uniforme dos Dallas Cowboys, algo cuestionado por algúns críticos xa que Owens foi seleccionado no Draft e xogou durante oito tempadas cos San Francisco 49ers, en comparación coas tres tempadas que xogou cos Cowboys.[1][3]

Antes do seu lanzamento, o xogo recibiu críticas por censurar o nome do quarterback Colin Kaepernick na canción "Big Bank", incluída na banda sonora do xogo.[20] EA respondeu ás críticas que xerou isto afirmando que fora un erro por parte do seu equipo por cuestións de dereitos.[21] Antes da publicación do xogo EA restaurou o seu nome na canción incluída no xogo.[22]

Notas[editar | editar a fonte]

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.

  1. 1,0 1,1 Brian Mazique (8 de maio de 2018). "‘Madden 19' Tracker: Release Date, Trailer, Cover Athlete, Ultimate Team, Story, Franchise Features". Forbes. Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  2. Khan, Asif. "Madden NFL 19 Producer Ben Haumiller Talks PC, Switch, MUT, Franchise, & Browns' Overall Rating". ShackNews. Consultado o 24 de xullo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 Will Brinson (25 de maio de 2018). "LOOK: Terrell Owens on Madden cover in Cowboys uni, first look at 49ers' Richard Sherman". CBS Sports. Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  4. Stefanie Fogel (25 de maio de 2018). "‘Madden 19’ Officially Announced, Gets Xbox One/PlayStation 4 Launch Date". Variety. Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  5. Good, Owen. "Madden NFL’s Longshot comes back with a more intense sequel". Polygon. Consultado o 9 de xuño de 2018. 
  6. "Lock In with the Madden NFL 19 Soundtrack". EA Sports. 25 de xullo de 2018. Consultado o 25 de xullo de 2018. 
  7. Good, Owen. "Madden NFL 19 returns to PC this August". Polygon. Consultado o 9 de xuño de 2018. 
  8. Good, Owen. "Madden’s latest trailer promises greater realism for video game football". Polygon. Consultado o 9 de xuño de 2018. 
  9. Fowler, Jeremy. "Steelers receiver Antonio Brown featured on Madden cover". ESPN. Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  10. Orry, Tom. "Madden 19 Release Date, PC Specs, Cover Star, New Depth Chart Positions, Franchise Mode, Early Access - Everything we Know". US Gamer. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2018. Consultado o 18 de xuño de 2018. 
  11. 11,0 11,1 "Madden 19 for Xbox One Reviews". Metacritic. Consultado o 16 de agosto de 2018. 
  12. 12,0 12,1 "Madden 19 for PlayStation 4 Reviews". Metacritic. Consultado o 3 de agosto de 2018. 
  13. 13,0 13,1 "Madden 19 for PC Reviews". Metacritic. Consultado o 2 de agosto de 2018. 
  14. Goriff, Michael (9 de agosto de 2018). "Madden NFL 19 review". EGMNow. Consultado o 9 de agosto de 2018. 
  15. Kato, Matthew (1 de agosto de 2018). "Madden NFL 19: The Ups And Downs Of Another Gripping Season". Game Informer. Consultado o 2 de agosto de 2018. 
  16. Makuch, Eddie (12 de agosto de 2018). "Madden NFL 19 Review". GameSpot. Consultado o 13 de agosto de 2018. 
  17. Russell, Bradley (1 de agosto de 2018). "MADDEN 19 REVIEW: "EFFORTLESSLY MAKES ITS WAY ONTO THE SERIES’ MOUNT RUSHMORE"". GamesRadar. Consultado o 2 de agosto de 2018. 
  18. Toms, Dustin (1 de agosto de 2019). "Madden NFL 19 Review". IGN. Consultado o 2 de agosto de 2018. 
  19. Winkie, Luke (1 de agosto de 2019). "Madden NFL 19 Review". PC Gamer. Consultado o 3 de agosto de 2018. 
  20. "Big Sean’s Colin Kaepernick Lyric Censored in “Madden NFL 19”". Pitchfork. 2 de agosto de 2018. Consultado o 2 de agosto de 2018. 
  21. Schilken, Chuck. "EA Sports apologizes for editing Colin Kaepernick's name out of a song on 'Madden NFL 19'". Los Angeles Times. Consultado o 3 de agosto de 2018. 
  22. Rollins, Khadrice. "EA Sports Adds Colin Kaepernick's Name Back on Madden 19 Soundtrack After Originally Editing it Out". Sports Illustrated. Consultado o 9 de agosto de 2018.