Macarrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
  • Cómpre non confundir coa galleta tradicional francesa: macaron.
Un prato caseiro de macarróns con queixo, con herbas e pementa.

Os macarróns (do italiano maccheroni, e este do grego: μακαρώνεια, canto mortuorio, comida funeraria.[1] ) son un tipo de pasta alimenticia elaborada con fariña triga, en forma de tubiño pequeno, no que se inclúen tipos con feituras, longuras e grosores diversos[2]. Así atopamos os penne, os ravioli e os cotobelos.[3]

ELabóranse con auga, fariña triga, e ás veces ovo.

No entanto, existen lugares no que se usa o termo para se referir a calquera tipo de pasta alimenticia, desde espaguetes aos fideos e outras formas usadas nas sopas.[4]

Segundo unha antiga teoría, foi o explorador italiano Marco Polo o que levou o macarrón dende a China até Italia durante o século XIII. Hoxe sábese que as pastas alimenticias xa eran coñecidas en Europa moito antes[5]. (Véxase tamén Historia das pastas alimenticias).

Foi, xunto cos fideos, das primeiras pastas en chegar a Galicia durante o século XX, hoxe son un alimento común en pratos con queixo e tomate, polo, carne etc.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. DRAE. "Diccionario de la lengua española". Consultado o 25/06/2014. 
  2. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=macarr%C3%B3n&sinom=0&homonimo= |título=Definición no Portal das palabras da [[RAG |data-acceso=29 de agosto de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160305165323/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=macarr%C3%B3n&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=05 de marzo de 2016 |urlmorta=si }}
  3. "{title}". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2014. Consultado o 29 de agosto de 2014. 
  4. "Os 7 tipos de massa de macarrão" no site de cociña da Editora Abril
  5. ""Invenções chinesas" no site "How Stuff Works"". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 29 de agosto de 2014.