Gregorio III Laham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
غريغوريوس الثالث لحام‎
(Gregorio III Laham)
BISHOP-gregorio-III-laham.JPG
Patriarca da Igrexa Católica Greco-Melquita
Biografía
Nacemento15 de decembro de 1933 en Daraya‎, Siria
Ordes
Ordenación sacerdotal15 de febreiro de 1959
Consagración episcopal27 de novembro de 1981, por Máximo V Hakim‎
Elixido patriarca29 de novembro de 2000
Patriarca de Antioquía
29 de novembro de 2000 - 6 de maio de 2017
PredecesorMáximo V Hakim
SucesorXosé I Absi
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Gregorio III Laham (en árabe: غريغوريوس الثالث لحام‎), nado en Daraya (Siria) o 15 de decembro de 1933, foi o Patriarca de Antioquía e todo Oriente, de Alexandría e de Xerusalén da Igrexa Católica Greco-Melquita e bispo da Damasco dende o 29 de novembro de 2000 até a súa renuncia o 6 de maio de 2017.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Laham naceu en Daraya, preto de Damasco, Siria, o 15 de decembro de 1933. O 15 de febreiro de 1959 foi ordenado sacerdote da Orde Basiliana do Santísimo Salvador.

En 1975 foi nomeado vigairo patriarcal de Xerusalén. O 9 de setembro de 1981 foi nomeado arcebispo titular de Tarso dos greco-melquitas. Recibiu a consagración episcopal o 27 de novembro, de mans do patriarca Máximo V Hakim.

En 1992, coa elevación da sé de Xerusalén, foi nomeado exarca patriarcal da mesma, e cando novamente foi elevada en 1998 converteuse en protosyncellus de Xerusalén.

O 29 de novembro de 2000 foi elixido patriarca de Antioquía e bispo de Damasco. O papa Xoán Paulo II concedeulle o 5 de decembro a comuñón eclesial. Retirouse o 6 de maio de 2017.