Márta Mészáros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMárta Mészáros

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hu) Mészáros Márta Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1931 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Budapest, Hungría Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHungría Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Gerasimov de Cinematografía (–1956) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cinema , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua rusa, lingua polaca e lingua húngara Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJan Nowicki (–2008)
Miklós Jancsó (1958–1968)
PaiLászló Mészáros (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0617767 Allocine: 26750 Allmovie: p102629 TCM: 130504 Editar o valor em Wikidata

Márta Mészáros, nada en Budapest o 19 de setembro de 1931 é unha guionista e directora de cinema húngara. Filla do escultor László Mészáros, comezou a súa carreira nos documentais, dirixindo vinte e cinco curtametraxes deste xénero durante dez anos.[1] O seu debut na longametraxe, Eltavozott nap (1968), foi o primeiro filme húngaro dirixido por unha muller,[2] e gañou o premio especial do xurado do Festival Internacional de Cinema de Valladolid.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e educación[editar | editar a fonte]

Nada en Budapest, Mészáros pasou os primeiros dous anos da súa vida na Unión Soviética, onde emigraran os seus pais como artistas comunistas en 1936. Mentres estaban aló, o seu pai, László Mészáros, foi arrestado e asasinado en 1938 baixo o réxime stalinista e a súa nai morreu dando a luz.[4] Orfa, Mészáros foi criada pola súa nai adoptiva na Unión Soviética, onde acudiu á escola. Tras volver a Hungría en 1946, Mészáros volveu a Moscova para estudar no VGIK, volvendo de novo a Hungría trala súa graduación en 1956.

Carreira[editar | editar a fonte]

Mészáros comezou a traballar no Budapest Newsreel Studio en 1954 onde realizou catro curtametraxes, e logo para o estudio de documentais de Alexandru Sahia en Bucarest entre 1957 e 1959. Volveu entón a Budapest en 1958 para dirixir curtametraxes para popularizar a ciencia e curtametraxes documentais ata 1968.[5] Nese momento, Mészáros foi a primeira muller directora de Hungría que realizou unha longametraxe.[6] Na década de 1980, dirixiu a súa serie filmes semiautobiográficos "Diario", que tivo un grande impacto no cinema de Hungría a causa do seu retrato do goberno e das súas experiencias individuais pasadas.[7] Tivo conflitos coa censura húnara e estableceuse como unha voz íntegra do cinema do seu país.[6] Dende o seu debut en 1968, dirixiu máis de cincuenta filmes, gañou numerosos premios e foi membro de varios xurados cinematográficos.

Legado[editar | editar a fonte]

Os filmes de Mészáros son relexos de moitas maneiros das súas experiencias de crecemento e a súa loita con asuntos relevantes na súa vida. Tras perder os seus pais moi nova e pasar gran parte da súa mocidade vivindo na Hungría post-stalinista, a vida de Mészáros estivo chea de traxedia e opresión, e os seus filmes reflicten ese feito. Ademais, como pasou os primeiros filmes como cineasta traballando en documentais, moitos das súas longametraxes conteñen escenais documentais. A maioría dos seus filmes teñen un final aberto, carecen de argumento convencional e os diálogos son escasos.

No aspecto do contido, os seus filmes exploran os amplos e moitas veces tráxicos saltos entre os ideais e a realidade, e entre os pais e os seus fillos. Nos filmes de Mészáros aparecen realidades habitualmente ignoradas no cinema de Europa oriental: a subordinación das mulleres, os conflitos das culturas urbanas e rurais, o antagonismo entre a burocracia e os seus empregados, o alcoholismo, o salto xeracional, a disolución das estruturas familiares tradicionais e os apuros dos nenos criados polo estado.

Mészáros é unha muller cineasta que consistentemente realiza filmes con éxito tanto crítico como comercial para un público internacional. Os oito filmes que dirixiu entre 1968 e 1979 teñen que ver coa opresión social, as limitacións económicas e os desafíos emocionais vistos polas mulleres húngaras. Nas súas propias palabras, "eu conto historias banais e comúns, e entón nelas as protagonistas son mulleres... eu retrato as cousas dende un ángulo feminino".

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Mészáros casou co cineasta László Karda en 1957, mais divorciáronse en 1959 e en 1960 casou co guionista e director de cinema húngaro Miklós Jancsó, a quen coñeceu durante a súa etapa con Mafilm Group 4.[8] Aínda que se divorciaron en 1973, os seus dous fillos, Nyika Jancsó e Miklós Jancsó Jr., traballaron de forma diferente como directores de fotografía de moitos dos seus filmes.[9] Posteriormente, casou co actor polaco Jan Nowicki, do que se divorciou en 2008. Nowicki protagonizou moitos dos seus filmes, incluído The Unburied Dead. O fillo que este tivo nunha relación anterior, Łukasz Nowicki, protagonizou o filme Kisvilma. Mészáros tamén ten unha filla, Kasia Jancsó, do seu segundo matrimonio.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Directora Guionista
1968 Eltavozott nap Si Si Si Si
1969 Holdudvar Si Si Si Si
1970 Szép lányok, ne sírjatok! Si Si Non Non
1973 Szabad lélegzet Si Si Si Si
1973 Szeptember végén (telefilme) Si Si Non Non
1975 Örökbefogadás Si Si Si Si
1976 Kilenc hónap Si Si Si Si
1977 Ők ketten Si Si Si Si
1978 Olyan mint otthon Si Si Si Si
1979 Útközben Si Si Si Si
1980 Örökség Si Si Si Si
1981 Anna Si Si Si Si
1983 Délibábok országa Si Si Non Non
1984 Napló gyermekeimnek Si Si Si Si
1987 Napló szerelmeimnek Si Si Si Si
1989 Bye bye chaperon rouge Si Si Si Si
1990 Napló apámnak, anyámnak Si Si Si Si
1992 Edith és Marlene (telefilme) Si Si Non Non
1994 A magzat Si Si Si Si
1996 A hetedik szoba Si Si Si Si
1998 Három dátum Si Si
1999 A Szerencse lányai Si Si Si Si
2000 Kisvilma - Az utolsó napló Si Si Si Si
2004 A temetetlen halott Si Si Si Si
2009 Utolsó jelentés Annáról Si Si Si Si
2011 Ármány és szerelem Anno 1951 (telefilme) Si Si Si Si
2017 Aurora Borealis Si Si Si Si

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martineau, Barbara Halpern. "The Films of Márta Mészáros or the Importance of Being Banal". JSTOR 1211850. 
  2. Quart, Barbara Koenig. "Screen Memories The Hungarian Cinema of Márta Mészáros". JSTOR 1212935. 
  3. Hordiichuk, Iryna. "Márta Mészáros: Happiness is Being Strong Enough to Fight for Yourself, and to be Cruel at Times". day.kiev.ua. Consultado o 30 de abril de 2012. 
  4. Horton, Andrew James. "Ordinary Lives in Extraordinary Times – Márta Mészáros Interviewed." Senses of Cinema. 15 de decembro de 2010. Consultado o 16 de novembro de 2018. http://sensesofcinema.com/2002/feature-articles/meszaros/.
  5. Gianoulis, Tina. "Mészáros, Márta". filmreference.com. Consultado o 30 de abril de 2012. 
  6. 6,0 6,1 “Márta Mészáros: Celebrating the Career of the Pioneering Hungarian Director.” 2017. The Calvert Journal. 20 de xuño de 2017. https://www.calvertjournal.com/articles/show/8387/marta-meszaros-celebrating-career-trailblazing-hungarian-director.
  7. "Marxist Govt Invites Anti-Stalin Director to Centre Stage." Indian Express, Nov 10, 2009. https://search.proquest.com/docview/238333339
  8. "Marta Meszaros Biography (1931-)". filmreference.com. Consultado o 30 de abril de 2012. 
  9. Maslin, Janet. "NY Times.com: Just Like Home". nytimes.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2008. Consultado o 2010-01-31. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Quart, Barbara.Three Central European Women Directors Revisited. Cineaste 19.4 (1993): 58. Academic Search Complete. Web. 30 de abril de 2012.
  • Parvulescu, Constantin. Betrayed Promises: Politics And Sexual Revolution In The Films Of Márta Mészáros, Miloš Forman And Dušan Makavejev. Camera Obscura 24.71 (2009): 77-105. Academic Search Complete. Web. 30 de abril de 2012. [1]
  • Dixon, Wheeler Winston. A Personal/Political Artist: Marta Meszaros. Literature Film Quarterly 23.4 (1995): 293. Academic Search Complete. Web. 30 de abril de 2012.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]