Saltar ao contido

Luís Torras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuís Torras
Biografía
Nacemento29 de decembro de 1912 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xaneiro de 2024 Editar o valor en Wikidata (111 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEscola Municipal de Artes e Oficios de Vigo Editar o valor en Wikidata
AlumnosManuel Uhía e Silverio Rivas Editar o valor en Wikidata
Influencias
Familia
CónxuxeMaría Jesús Incera Editar o valor en Wikidata
FillosLuis Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Galega Universal
Diccionario enciclopédico galego universal
Gallegos Editar o valor en Wikidata
Páxina webpintorluistorras.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX945714 BUSC: torras-luis-1912

Luís Torras Martínez, nado en Vigo o 29 de decembro de 1912[1] e finado na mesma cidade o 14 de xaneiro de 2024,[2] foi un lonxevo pintor galego, con exposición permanente na céntrica e municipal Casa das Artes da súa cidade.

A obra de Torras pode apreciarse, nunha exposición permanente, no segundo andar da Casa das Artes.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun empresario catalán, naceu na rúa Afonso XIII de Vigo e estudou nos Maristas. Traballou no negocio familiar de cerería. Aprendeu a debuxar nunha academia de Vigo[4]. En 1935 trasladouse a Madrid á Real Academia de Belas Artes de San Fernando. O estoupido da Guerra civil española colleuno de permiso de verán na casa. Incorporado ao exército, foi ferido en combate por dúas balas, que o deixaron xordo de xeito permanente. Rematada a guerra, en 1941, volveu a Madrid e obtivo o título de profesor de debuxo, traballando primeiro alí e desde 1954 na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.[5]

Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, onde traballou Torras desde 1954.

Artista solitario, estivo afastado de cenáculos e certames. Torras fixo escasas exposicións, algunhas en Vigo e outras cidades de España. Foi obxecto dunha exposición antolóxica no Teatro García Barbón en 1985, institución para a que fixo na década dos sesenta, e tamén concorreu ás Bienais de Pontevedra.

Comezou nun realismo figurativo e evolucionou a unha síntese de factura exquisita, do que a mellor referencia podería ser Pancho Cossío, pola limpeza e xogo de luces dos seus bodegóns, ata pasar a un paisaxismo de ascendencia "fauve". Os elementos da natureza sintetízanse nas súas paisaxes. Foi tamén retratista.[6]

A súa pintura atópase no Museo Raíña Sofía, na Colección Afundación, no Museo Municipal Quiñones de León, no Museo Provincial de Pontevedra, no Centro Galego de Arte Contemporánea, en coleccións privadas e, principalmente na Casa das Artes de Vigo, onde ten unha extensa exposición permanente, a Colección Torras, formada por 67 cadros, creada polo Concello de Vigo en 1998.[6]

Na exposición rexional celebrada en Vigo, en 1960, obtivo accésit. Na Nacional de Belas Artes de 1962 foi galardoado coa terceira medalla. No primeiro certame Unión Fenosa, foi distinguido coa adquisición dunha paisaxe.

O 23 de agosto de 2022 converteuse na persoa máis vella de Galicia[7], mérito que non tivera un varón desde finais do século XX. Aínda que desde 2019 non saía da casa, camiñaba e seguía pintando[4].

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Jesús Incera Cruz en 1946, de quen enviuvou[8] en xuño de 2023. A parella tivo un fillo, Luis.

  1. Ocampo, Elena (29/12/2020). "El pintor vigués de 108 años que sobrevivió a dos pandemias: “Si puedo, me vacuno”". Faro de Vigo (en castelán). 
  2. Alberto Leyenda (15 de xaneiro de 2024). "Muere a los 111 años el pintor vigués Luis Torras". Faro de Vigo (en castelán). 
  3. Casa das Artes
  4. 4,0 4,1 Baena, Ana (2022-02-12). "Luis Torras, pintor vigués a los 109 años: “No me llegan los días”". Atlántico Diario (en castelán). Consultado o 2022-08-26. 
  5. Biografía pintorluistorras.es (en castelán).
  6. 6,0 6,1 Luís Torras na Colección Afundación.
  7. Martínez, Alejandro (2022-08-26). "El abuelo de Galicia: «Llegar a los 109 es una barbaridad, pero mi manía es trabajar»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-08-26. 
  8. Baena, Ana (2023-12-29). "El discreto 111 cumpleaños del pintor vigués Luis Torras". Atlántico (en castelán). Consultado o 2024-01-16. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]