Luís Celeiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de decembro de 1955 (68 anos) Samos, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Premios | |
| |
Luís Celeiro Álvarez, nado en Samos o 25 de decembro de 1955, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Ciencias da Información (rama de Xornalismo) pola Universidade Complutense de Madrid, é doutor en Socioloxía e Ciencia Política, pola Universidade de Santiago de Compostela.
Desenvolveu a súa actividade como xornalista en A Nosa Terra, o semanario Tempo Galego, correspondente de Diario 16 en Galicia, colaborador de La Voz de Galicia, El Progreso, La Región, El Correo Gallego e O Correo Galego, xunto con outra serie de publicacións diarias e semanais. Entre 1991 e 1996 foi xefe do Gabinete do Conselleiro, primeiro, de Relacións Institucionais e, despois, de Cultura. En xuño de 1996 retomou a súa actividade como director de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1997 encargáronlle a dirección da súa publicación xornalística e, en novembro de 1999, a do diario dixital USC. Xornal electrónico, o primeiro xornal diario electrónico das universidades do Estado Español. Actualmente é xefe do Gabinete de Comunicación e profesor Asociado na Facultade de Ciencias da Comunicación nesta mesma Universidade.
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- El Escolar, El Faro de Veiga e La Voz de Ortigueira, 1989.
- Xacobeo: bibliografía, 1994.
- Os Gabinetes de comunicación en Galicia : portavoces de organizacións, fontes abertas ós medios, 1995, Tese de doutoramento. USC.
- Elías Valiña, 1996, Xunta de Galicia.
- Fiz Vergara Vilariño, poeta nos eidos da bremanza, 2003, Fundación Caixa Galicia.
- Elías Valiña, o valedor do Camiño: 1955-1989, 2007, Xunta de Galicia.
- Elías Valiña, valedor del Camino: 1955-1989, 2007, Xunta de Galicia.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- A Comunicación na empresa e na institución, 2000, Ir Indo.
- Apuntes sobre a prensa comarcal en Galicia, 1990.
- Sucasas, 1993.
- Estratexias dos medios locais galegos na fin de século, 1999.
- Realidade social galega, 2000.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Literario Ánxel Fole, 2002.