Elías Valiña
Elías Valiña | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Elías Valiña Sampedro |
Nacemento | 2 de febreiro de 1929 |
Lier | |
Falecemento | 11 de decembro de 1989 |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Pontificia Comillas |
Ocupación | sacerdote |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Elías Valiña Sampedro, coñecido como O cura do Cebreiro, nado en Lier (Sarria) o 2 de febreiro de 1929 e finado o 11 de decembro de 1989, foi un sacerdote e escritor galego[1].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito Canónico pola Universidade Pontificia de Comillas en 1959 e doutorado na Universidade Pontificia de Salamanca en 1965. Foi párroco do Cebreiro dende 1959, propulsou a restauración do poboado do Cebreiro, rematada en 1971 coa inauguración do Museo Etnográfico. Foi un estudoso do Camiño de Santiago que sinalizou coas frechas amarelas o traxecto desde Francia e, en Galicia recuperou tramos perdidos e promoveu a creación do Boletín del Camino de Santiago. Dirixiu o Inventario artístico de Lugo y su provincia (1975) e o Inventario del patrimonio arquitectónico de la provincia de Lugo (1980-1983).
Obras[editar | editar a fonte]
- El Camino de Santiago: estudo histórico-jurídico, 1971 (Premio Antonio de Nebrija 1967).
- Catálogo de los archivos parroquiales de la diócesis de Lugo (Premio José María Cuadrado, CSIC).
- El Camino de Santiago. Guía del peregrino, 1985.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Elias Valiña Sampedro Arquivado 27 de agosto de 2017 en Wayback Machine. en Jacobeoenpie.com (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Celeiro, Luís (1996). Elías Valiña. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN.
- "Valiña Sampedro, Elías". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.