Saltar ao contido

Luzia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fósil de Luzia
Esqueleto parcial de Luzia
Localización: Museo Nacional do Brasil, Río de Xaneiro
RexiónAmérica do Sur
TipoFósil humano
Parte deMuseu Nacional do Brasil (MNB)
Historia
CulturasPaleoindios
EventosIncendio do Museu Nacional do Brasil (setembro de 2018)
Notas do sitio
Descuberto1975
CondiciónParcialmente recuperado
PropiedadeGoberno do Brasil
XestiónMNB
Acceso públicoNon (fósil específico non exhibido actualmente)

Luzia é un esqueleto fósil humano parcial dunha muller que viviu no territorio do actual Brasil hai entre 12.000 anos e 14.000 anos. Atopouse en 1975 na cova de Vermelha, proxima a Lagoa Santa, Belo Horizonte, Minas Gerais.

É o fosil de ser humano máis antigo atopado no Brasil e posibelmente en todo o continente americano.[1]

Reconstrución forense dixital de Luzia, por Cicero Moraes. (2012)


O fósil chámase formalmente Lapa Vermelha IV Hominídeo 1, pero foi nomeado Luzia polo biólogo brasileiro Walter Alves Neves, do Instituto de Biociências da Universidade de São Paulo, inspirado noutro fósil, Lucy, un Australopithecus afarensis atopado un ano antes en Etiopía en 1974, de 3,5 millóns de anos.

Fotogrametría do cranio. Dixitalización 3D feita con PPT-GUI e Blender 3D, a partir de fotografias tomadas polo arqueólogo Dr. Moacir Elias Santos. Á esquerda: Vision en wireframe con textura. Á dereita: renderizacións.

Aínda que foi chamado "o pai da Luzia", Neves non foi o seu descubridor (foi a arqueóloga francesa Annette Laming-Emperaire), pero si o seu maior estudoso, e o principal impulsor da teoría do poboamento de América por individuos non chegados de Asia (non-mongoloides), con características máis semellantes aos humanos orixinarios de África e Oceanía.[2]

Reconstrución paleobiolóxica

[editar | editar a fonte]
Reconstrución da Luzia con base nos remanescentes do cranio achado na Lapa Vermelha IV. Acervo de Antropologia Biológica do Museu Nacional/UFRJ, Rio de Xaneiro. (1999)

Os forenses determinaron que a Luzia morreu arredor dos seus 20 anos. Aínda que se encontraron artefactos de sílex nas inmediacións, os seus foron os únicos restos humanos atopados na cova de Lapa Vermelha.

En 1999, o antropólogo británico Richard Neave, da Universidade de Manchester, realizou unha reconstrución paleobiolóxica de como sería o rostro de Luzia. O que máis intrigou aos investigadores foi a orixe do cranio.[1]

O artista forense Cicero Moraes fixo unha reconstrución facial forense do rostro de Luzia en 2012.

Foi perdido no incendio que destruíu o Museu Nacional do Brasil no 2 de setembro de 2018.

O museo estaba situado na rexión norte da cidade do Río de Xaneiro. Fundado por D. João VI, o museo cumpriu douscentos anos no mesmo ano do incendio e contiña un acervo composto por máis de 20 millóns de elementos, entre eles o fósil de Luzia.[1]

O 19 de outubro de 2018 o director do museo, Alexander Kellner, anunciou que se atoparan o 80% das partes do fósil, nalgúns casos fracturadas.[3]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Luzia: 5 curiosidades sobre o fóssil da mulher mais antiga das Américas". Brasil de Fato (en portugués). 2018-09-04. Consultado o 2024-07-19. 
  2. "Walter Neves: O pai de Luzia". revistapesquisa.fapesp.br (en portugués). Consultado o 2024-07-19. 
  3. "Luzia". cabrillo.edu. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Arqueoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.