Blender

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Blender
Logo Blender.svg
Blender 2.79.png
Captura de Blender 2.79
Desenvolvedor(es)Blender Foundation
Última versión2.8
(23 de marzo de 2018)
Repositoriogit.blender.org/blender.git
Sistema operativoMultiplataforma
Lingua/sVarias
TipoDeseño 3D
LicenzaGPL
Sitio webblender.org

Blender é un programa informático de código aberto, de Blender Foundation, para modelaxe, animación, texturas, composición, renderizado, edición de vídeo e creación de aplicacións interactivas en 3D: xogos, presentacións e outros, a través de seu motor de xogo integrado, Blender Game Engine. Está dispoñíbel para GNU GPL, versión 2 ou posterior. Blender posúe aínda partes licenciadas sobre Python Software Foundation License.

O programa é multiplataforma, estando portado para diversos sistemas operacionais. Blender desenvolve ferramentas similares ás de outros programas propietarios, que inclúen avanzadas ferramentas de simulación, dinámica de corpo ríxido, dinámica de fluídos, ferramentas de modelación baseadas en modificacións, ferramentas de animación de personaxes, un sistema de composición baseado en nos de texturas e imaxes, e un editor de imaxe e vídeo, con soporte a pos produción. Inclúe soporte Python como linguaxe de script, que pode ser usada en Blender.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]