Lulo de Hersfeld
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 710 ![]() Wessex ![]() |
Morte | 16 de outubro de 786 ![]() Bad Hersfeld, Alemaña ![]() |
Lugar de sepultura | Abadía de Hersfeld ![]() |
Roman Catholic Archbishop of Mainz (en) ![]() | |
755 (Gregoriano) – 786 (Gregoriano) ← Bonifacio de Maguncia – Richulf (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Maguncia ![]() |
Ocupación | sacerdote católico, escritor, arcebispo, diácono ![]() |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito ![]() |
Consagración | Bonifacio de Maguncia ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 16 de outubro ![]() |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Obálky knih, ![]() ![]() |
Lulo (Lull ou Lul), nado contra 710 en Wessex, e finado o 16 de outubro de 786 en Hersfeld, coñecido como San Lulo de Hersfeld, foi o primeiro arcebispo permanente de Maguncia, sucedendo a San Bonifacio, e o primeiro abade da abadía beneditina de Hersfeld.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lulo foi monxe do mosteiro beneditino de Malmesbury en Wiltshire. Durante unha peregrinación a Roma en 737 encontrouse con Bonifacio e decidiu que se uniría ao seu traballo misionero no norte de Alemaña.
En 738 Lulo uniuse á orde beneditina e entrou no mosteiro de Fritzlar, fundado por Bonifacio en 732, onde o abade San Vigberto foi seu profesor. Diácono en 740, foi ordenado sacerdote por Bonifacio en 747.
En 752 foi nomeado bispo auxiliar ao servizo de Bonifacio. O mordomo de palacio Pipino de Heristal confirmouno un ano despois como bispo auxiliar de Maguncia e, en 754, foi nomeado arcebispo pola renuncia de Bonifacio.[1][2]
Lulo foi bispo de Maguncia e abade de Hersfeld desde 769 a 786 en unión persoal (e desde 782, arcebispo). En 775, Carlomagno elevou a Hersfeld a abadía imperial, dotándoa de doazóns de terreos.[3]
Lulo converteuse no primeiro arcebispo regular de Maguncia cando o papa Hadrián I garantizoulle o palio en 781.
O arcebispo Lulo fixo trasladar os ósos de san Vigberto de Fritzlar a Hersfeld en 780, co que o mosteiro converteuse nun centro de peregrinación. En 782 vivían na abadía 150 monxes e posuía ao rededor de 1 050 hides de terreo.[3]
Desde 769 en adiante Lulo promoveu o establecemento do estilo carolinxio no mosteiroo da abadía de Hersfeld, que recibiu a protección de Carlomagno en 775.
O principal logro de Lulo foi a culminación da reforma de Bonifacio da igrexa dos francos e a conclusión con éxito da cristianización dos alemáns de Turinxia.
Pero, mentres que Bonifacio buscara un vínculo estreito con Roma, Lulo buscou un mellor entendemento cos reies francos.
Lulo morreu o 16 de outubro de 786 na abadía de Hersfeld en Bad Hersfeld, en cuxa igrexa foi enterrado. A lista de bens do Breviarium sancti Lulli fai inventario das posesións da abadía en tempo de Lulo. A abadía de Hersfeld está en ruínas desde finais do século XVIII. Os alicerces da igrexa foron achados durante as escavacións levadas a cabo no século XX na ala sur do transepto das ruínas da abadía, pero mon se encotrou o nicho da tumba de Lulo.
Foi canonizado o 7 de abril de 852.
A Lullusfest celébrase en Hersfeld desde entón cada 16 de outubro, sendo a festividade local establecida máis antiga do mundo xermanófono.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lulo como sucesor de Bonifacio en Enciclopedia Católica.
- ↑ "San Bonifacio, Arcebispo de Mentz, Apóstol de Alemaña e mártir" Arquivado 17 de maio de 2021 en Wayback Machine., Butler's Lives of the Saints
- ↑ 3,0 3,1 Oswald Hunter-Blair, Hersfeld en Charles Herbermann, ed. (1913): Catholic Encyclopedia. Nova York: Robert Appleton Compan.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- School of York (en inglés).