Bad Hersfeld
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Alemaña | ||||
| Estado federado | Hessen | ||||
| Regierungsbezirk | Rexión de Kassel | ||||
| Distrito rural | Distrito de Hersfeld-Rotenburg | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 30.770 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 73,87 km² | ||||
| Altitude | 212 m | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Anke Hofmann (2023–) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 36251 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 06621 | ||||
| Clave de rexión en Alemaña | 066320002002 | ||||
| Número de municipio alemán | 06632002 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | bad-hersfeld.de | ||||
Bad Hersfeld é unha pequena cidade, a capital do distrito de Hersfeld-Rotenburg, ao leste do Land de Hesse, Alemaña.
Situada á beiras do río Fulda, é famosa polo seu balneario e o seu festival de música clásica, o Bad Hersfelder Festspiele, que se realiza todos os veráns desde 1951, e polo que a cidade é coñecida como a Salzburgo do norte.
Outra festa famosa na cidade é a Lullusfest, que de celebra o 16 de outubro, en memoria da morte de San Lulo de Hersfeld (710-786) , que foi o primeiro arcebispo permanente de Maguncia e o primeiro abade da abadía de Hersfeld, e que é a festividade local máis antiga do mundo xermanófono.
Bad Hersfeld é ademais famosa por posuír as maiores ruínas dunha igrexa de estilo románico de Europa, a igrexa da citada abadía.
Xeografía
[editar | editar a fonte]
Situada a 212 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 73,82 km².
Segundo o censo do 31 de decembro de 2021 contaba con 30 101 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 407 hab./km2.
A cidade atópase na depresión de Hersfeld, que está formada pola confluencia dos ríos Fulda e Haune.
O centro da cidade está na marxe esquerda do Fulda.
Na cidade, o río Geisbach desemboca no Fulda e inmediatamente debaixo da cidade, na marxe dereita, o río Solz.
O punto máis baixo do concello está a 195 m sobre o nivel do mar, na desembocadura do Solz no Fulda, e o punto máis alto está a 408 m sobre o nivel do mar.
As cidades importantes máis próximas a Bad Hersfeld son Kassel, a 52 km ao norte, Gießen, a 79 km ao suroeste.
Galería
[editar | editar a fonte]- Vista panorámica da cidade
- Dupla cruz, símbolo da cidade, na entrada ao barrio da abadía
- Placa de benvida á entrada da cidade, co logotipo dela
- Ruínas da abadía de Hersfeld
- Praza fronte á estación do ferrocarril
- Xardín do balneario de Bad Hersfeld
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hessisches Statistisches Landesamt: Bevölkerung in Hessen am 31.12.2021 nach Gemeinden (Landkreise und kreisfreie Städte sowie Gemeinden, Einwohnerzahlen auf Grundlage des Zensus 2011. Bad Hersfeld).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bad Hersfeld |
