Luis Vaccaro
Vaccaro | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Luis Pedro Vaccaro | ||
Nacemento | 6 de novembro de 1898 | ||
Lugar de nacemento | Buenos Aires | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1921–1922 | San Lorenzo | 49 | (2) |
1923–1925 | Argentinos Juniors | ||
1925 | Boca Juniors | 15 | |
1926-1931 | Argentinos Juniors | 124 | (0) |
1926 | San Lorenzo | 1 | (0) |
Selección nacional | |||
Selección de fútbol da Arxentina | 17 | (0) | |
Na rede | |||
https://www.ogol.com.br/player.php?id=452740&edicao_id=1897&redirm=1 | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Luis Pedro Vaccaro, nado o 6 de novembro de 1898 en Buenos Aires, foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira futbolística no San Lorenzo, debutando o 10 de abril de 1921. En 1923 foi traspasado ao Argentinos Juniors.
No ano 1925 foi cedido ao Boca Juniors para competir na xira que o equipo xeneize realizou por Europa ese ano. Nesta xira disputou 15 encontros, todos de titular.
Ao seu regreso de Europa competiu en dous campionatos nacionais paralelos, un con Argentinos Juniors e outro con San Lorenzo co que disputou un encontro.
Tamén viviu a primeira tempada oficial da Liga Arxentina de Fútbol, na que se abandonaron definitivamente os equipos afeccionados.
Coa Selección de fútbol da Arxentina debutou o 30 de setembro de 1923 en Montevideo ante Uruguai. Con ela xogou un total de 17 encontros e proclamouse campión da Copa América de 1925, celebrada na Arxentina.