Luis Rufilanchas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luis Rufilanchas
Nacemento17 de maio de 1910
 Xixón
Falecemento11 de xullo de 1937
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxurista e político
editar datos en Wikidata ]

Luis Rufilanchas Salcedo, nado en Xixón o 17 de maio de 1910 e finado na Coruña o 11 de xullo de 1937, foi un avogado e político socialista español. Foi fusilado polos sublevados ao inicio da guerra civil española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era profesor na Universidade Central de Madrid, sendo profesor auxiliar de Dereito e adxunto á cátedra do tamén militante do PSOE Jiménez de Asúa.[1] Nas eleccións de febreiro de 1936, foi elixido deputado nas listas da Fronte Popular na circunscrición da provincia de Madrid. Como deputado foi adscrito á Comisión de Actas.[2]

Luis Rufilanchas estaba en Galicia no momento de producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu orixe á guerra civil española. Puido esconderse durante varios meses en diversas cidades galegas, tratando de fuxir á zona republicana. Porén, logo dun novo intento de fuga, foi apresado polos franquistas nas inmediacións da Coruña entre os meses de febreiro e marzo de 1937. Foi procesado polo delito de rebelión militar e condenado a morte. A súa execución tivo lugar o 11 de xullo de 1937 na Coruña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Claret Miranda, Jaume (2005). Universidade Pompeu Fabra, ed. "La Repressió franquista a la universitat espanyola" (PDF) (en catalán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03-12-2013. Consultado o 02-10-2008. 
  2. Interpelación al Gobierno sobre las elecciones parciales de Cuenca. La Vanguardia, 1 de maio de 1936.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]